Proba mixta |
A1 A2 A3 B1 B2 B5 B7 B8 B9 B11 C1 C4 C9 |
Realizaráse unha proba parcial que pode liberar materia para a proba final.
O exame final computa ata o 50 % da nota total.
|
50 |
Para aprobar a materia os estudantes terán que alcanzar un mínimo de 5,0 puntos e, ademais, terán que obter unha puntuación mínima de 1,0 punto sobre 2,5 en cada unha das dúas partes do exame final. Os criterios de avaliación serán os mesmos en todas as oportunidades. A avaliación do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia seguirá os mesmos criterios, e consistirá nas mesmas probas que o resto do alumnado.
CUALIFICACIÓN AO FINAL DO PROCESO DE AVALIACIÓN
Aqueles alumnos que cumpran os requisitos mínimos e alcancen un mínimo de 5,0 puntos, aprobarán a materia.- Aqueles alumnos que non alcancen a puntuación mínima establecida nalgunha das partes do exame final (1,0 punto), esta non computará na cualificación final e ademais, tras a suma das cualificacións, só poderán obter unha cualificación global máxima de 4,5 puntos.
A cualificación de “Non Presentado” figuraralle a aqueles estudantes que non se presenten ás probas obxectivas.
|