Esta materia consta de dúas partes. Na primeira parte trátanse con carácter preferente aspectos da contorna bancaria en perspectiva internacional e histórica: a crise financeira actual con relación ás crises pasadas, a incidencia do cambio tecnolóxico na competitividade do sector e a evolución da banca comercial polo miúdo e de servizos. Na segunda parte preténdese achegar ao alumno unha visión global das entidades financeiras, da súa actividade, do seu tipo de negocio, os seus productos e a súa operatoria, con referencia a los contenidos da certificación EFPA o similar, así como aos requisitos de acreditación pola CNMV e polo Banco de España para asesorar en materia de investimento e en materia de contratos de crédito inmobiliario
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Non haberá cambios no contido e no programa da materia
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Uso da plataforma moodle con materiais dispoñibles para o traballo personalizado do estudante, incluido o material audiovisual gravado coas sesións en liña do curso, de ser o caso.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Incorpórase o material audiovisual gravado coas sesións en liña do curso, de ser o caso.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle/Email/Teams no horario de titorías semanal de cada profesor.
4. Modificacións na avaliación:
Avaliación continua: 60% (corresponde a avaliación continua tradicional)
Exame final: 40% (Primeira parte: en liña, proba de tipo test sobre o conxunto das ensinanzas: 20%; Segunda parte: en liña, proba con preguntas que poden ser de escolla múltiple (test), resposta curta, ensaio, numérica, verdadeiro/falso, etc., 20%)
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai cambios no material bibliográfico nin nas ligazóns web respecto á guía docente inicial.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías