O estudo da economía mundial debe partir da identificación dos elementos esenciais que definen e identifican a realidade socioeconómica a estudar. A economía internacional concíbese como un sistema interdependente no que o seu principal dinamismo xorde do centro capitalista, aínda que os seus efectos esténdense, hoxe en día, a todos os países do mundo moi rapidamente. Polo tanto, hai que comezar identificando as características estruturais do capitalismo, definindo as relacións económicas internacionais que comprenden e conceptualizando a evolución destas relacións.
Unha vez realizado este paso e tendo en conta que a realidade económica en estudo está composta por innumerables feitos, obxectos e relacións, é necesario un criterio de selección previa. Por iso, a análise comeza coas economías capitalistas desenvolvidas, centra a súa atención na periferia do sistema e posteriormente esténdese ao campo das relacións económicas internacionais.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Discusión dirigida (computa en la evaluación)
- Traballos tutelados, con atención personalizada (computa na evaluación)
- Presentación oral (computa na evaluación)
- Obradoiro (computa na evaluación)
- Proba mixta (computa na evaluación)
- Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: De uso habitual para facer consultas, pedir titorías ou encontros virtuais, contestar dúbidas…
- Moodle: será o medio de comunicación grupal. Avisos, programa, material bibliográfico, evaluación, tarefas para entregar, glosario de términos, proba mixta.
- Teams: será o medio utilizado para seguir a docencia virtual: clases maxistrais, traballos tutelados, resolución de problemas, presentación oral por exemplo. Neste caso será necesario que o alumno dispoña de cámara e micrófono activados para os encontros co profesor, para a presentación oral e máis a proba escrita de coñecementos.
Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Sin modificaciones:
• Traballos tutelados (evaluación do 40%, non recuperable en segunda oportunidade): Traballo de grupo (3 ó 4 personas) con resolución de problemas e presentación oral. Terase en conta a metodoloxía utilizada, a dificultad do contenido, o correcto tratamento da linguaxe económica e dos conceptos aprendidos, a utilización das fontes estatísticas económicas nacionais e internacionais así como a capacidade de síntese e claridade na exposición.
• Obradoiro: Evaluación do 20% (recuperable en segunda oportunidade)
• Proba escrita: Evaluación do 40% da calificación total
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen cambios. Toda a documentación estará disponible en Moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías