O estudo desta materia permitirá ao alumnado coñecer mellor a súa condición de cidadáns europeos e, sobre todo, ampliará a súa comprensión da dimensión xurídica da Unión Europea. Esto último permitiralle constatar a importancia que pode acadar o dereito nos procesos de integración.
A impartición desta materia é responsabilidade de 3 áreas de coñecemento: Dereito internacional público (leccións 1-2, 5-13), Dereito constitucional (lección 3-4) e Dereito procesual (lección 14).
Plan de continxencia
1. MODIFICACIONS NOS CONTIDOS.
Non se realizarán cambios.
2. METODOLOXIAS.
*Metodoloxías docentes que se manteñen: Sesión maxistral; Estudo de caso (computa na avaliación); Proba final (computa na avaliación).
*Metodoloxías docentes que se modifican: mantense a metodoloxía docente, pero substitúese a docencia presencial por unha docencia virtual, e as actividades prácticas tamén realizaranse por medios virtuais.
3. MECANISMOS DE ATENCION PERSONALIZADA AO ALUMNADO.
A. Doble Grao Dereito+ADE: Microsoft Outlook, Moodle, TEAMS.
B. Grao en Dereito: Moodle, TEAMS, FORMS, STREAM.
C. Bilingual degree: TEAMS, Moodle, Microsoft Outlook.
4. MODIFICACIÓNS NA AVALIACION.
A proba final desenvolverase virtualmente coas garantías de seguridade correspondente.
*Observacións de avaliación:
A. Doble Grao Dereito+ADE: Suprímese a esixencia de obter unha cualificación numérica non inferior á de 5 sobre 10 na proba final.
B. Grao en Dereito: Non se realizarán cambios.
C. Bilingual degree: Non se realizarán cambios.
5. MODIFICACIÓNS DA BIBLIOGRAFIA OU WEBGRAFIA.
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías