Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
3
Idioma
Castelán
Galego
Portugués
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Profesorado
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Web
Descrición xeral
Aproximación das relacións entre literatura, cultura e sociedade, prestando especial atención ás escolas teórico-críticas que parten de postulados sociolóxicos, sistémicos e/ou de base marxista
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Sen modificacións nos conteúdos previstos no guía docente
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense as Lecturas e os Traballos Tutorizados.
**Metodoloxías docentes que se modifican
Fican sen efeito a Sesión Maxistral, a Discusión Dirixida, as Prácticas através de TIC, o Glosario e o Seminario. A porcentaxe atribuída agora a esta última metodoloxía na avaliación será atribuída ao Traballo Tutorizado (75%)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Toda a información e a documentación relativa ao seminario está accesíbel no Campus Virtual da materia.
Teams, en horarios e formato (síncrono ou asíncrono) acordados co alumnado.
Correo electrónico a demanda do alumnado.
4. Modificacións na avaliación
As tres metodoloxías de avaliación previstas (Leituras, Traballo Tutorizado e Seminario) serán substituídas, caso necesario, pola realización de 5 leituras e os traballos tutorizados correspondentes a cada unha delas. As 3 primeiras leituras serán seleccionadas dos tres blocos en que está organizada a materia (a razón de unha leitura por cada bloco) e as dúas restantes serán propostas polo/a estudante ou escollidas da bibliografia complementar que acompaña a planificación da materia.
De cada unha desas leituras cada estudante elaborará un Resumo contendo os obxectivos perseguidos, os métodos utilizados e as conclusións ou hipóteses atinxidas en cada texto; un Esquema que conteña a estrutura e as principais ideas presentes en cada artigo; un Glosario cos principais conceitos relativos ao artigo/asunto en foco; seleccionará tres Fragmentos considerados de especial relevancia para o entendimento dos conteúdos totais ou parciais do texto; por último, cada persoa responderá nunha extensión máxima de unha páxina a pergunta: En que
reside o interese do texto e cal é a súa utilidade formativa no ámbito do Mestrado?
O Resumo, Esquema, Glosario, Fragmentos e Resposta ás cuestións referidas serán entregues, en formato pdf devidamente identificado através dunha tarefa habilitada aos efeitos no Campus Virtual da materia na data acordada co docente.
*Observacións de avaliación: As persoas matriculadas realizarán aqueles traballos tutorizados (5 valores) e aquelas leituras (5 valores) que lle foren encomendados de acordo co previsto nesta addenda. As actividades contempladas neste apartado do guía da materia serán realizadas de modo non presencial e (a)síncrono. O alumnado con dificuldades para o acompañamento da materia durante a vixencia deste plano de continxencia quer por motivos técnicos ou materiais (de conexión a internet, de acceso a computadores, etc.), quer por necesidades ou limitacións persoais de calquera tipo (coidados, conciliación, horarios ou espazos restrinxidos, etc.) deberá contactar co profesor no menor tempo posíbel a fin de seren arbitradas as medidas de flexibilización e adaptación necesarias para a atención de cada caso particular. As restantes observación feitas á avaliación no guía docente da materia continúan en vigor.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Son disponibilizados no Campus Virtual todos os materiais bibliográficos necesarios para o acompañamento da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías