Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Literatura e Xénero (Ámbito Hispánico)
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A3 A6 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B3 C1 C3 C4 C7 C5 C6 C8 Os alumnos prepararán un traballo sobre algún aspecto relacionado coa materia que a profesora determine. Valorarase a aportación que o estudante faga, a organización das ideas, a orixinalidade, a fundamentación científica... Tamén serán tidas en conta as cuestions formais (presentación, expresión, sistema de citas, referencias bibliográficas...).

40
Obradoiro A1 A2 A3 A6 A10 A9 C2 C7 C6 C8 Valorarase a participación nas aulas (e non tanto a mera presencia pasiva), así como os exercicios e actividades que o alumno leve a cabo nas distintas sesións (atendendo á súa capacidade crítica e ás súas achegas). 10
Proba mixta A1 A3 A6 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C7 C5 C6 C8 En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase unha proba mixta na que o alumno demostrará ter acadados os coñecementos e competencias previstas.
Será moi importante tamén que neste exercicio ofreza unha expresión acorde ao nivel dunha titulación de posgrao.
30
Eventos científicos e/ou divulgativos B5 B7 B10 C7 C5 Os estudantes asistirán a algún evento ou conferencia das que se celebren no marco dalgún proxecto ou grupo de investigación e farán un resumo completo da mesma; valorarase a comprensión da exposición e que saiban dar conta dela de modo completo e organizado. No caso de que non se poda contar con esta posibilidade, buscarase algunha outra actividade ou tarefa.
20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. Farase media entre as distintas partes cando cando tanto no traballo tutelado como na proba mixta se acade unha nota mínima de 4 sobre 10. 


Só se aceptará o traballo e as tarefas realizadas cando se entreguen nas datas previstas, en soporte de papel e seguindo as normas que se precisarán en cada caso.

Dase por suposta a asistencia ás aulas, que é obrigatoria. Aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida será avaliado mediante a proba mixta (40%) e o traballo (60%); debe poñerse en contacto coa docente ao inicio do curso para establecer o mecanismo de seguimento da súa actividade (especialmente para a fixación das datas da entrega do traballo e da realización da proba mixta). O sistema de avaliación será o mesmo para as persoas que participen na convocatoria adiantada de decembro. Os estudantes que non conten con dispensa académica e que, por algunha razón sobrevida, teñan que perder algunha(s) sesión(s) das presenciais, deberán comunicalo, ao inicio do curso (ou no momento en que o saiban, mais nunca a posteriori); á profesora estudirá a súa problemática (tentando buscar solucións de cara á avaliación) sempre que ausencia quede debidamente xustificada. 

Considerarase como “non presentado” o alumno que non entregue o traballo tutelado e as tarefas que se lle encarguen ou que non realice proba mixta.


Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes, xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Obradoiro). Así, a valoración estará composta polo 60% do traballo e o 40% da "Proba mixta".


A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo debe ser a que corresponde ao nivel da titulación (tomarase en conta, polo tanto, a corrección ortográfica e gramatical, mais tamén a capacidade de estruturar as ideas e elaborar a exposición). No caso de que a escrita dos exercicios e traballos realizados fóra da aula non garde relación coa das probas e exercicios que o estudante realiza en clase baixo o control da docente, para avaliar a expresión servirán como referencia os escritos que aquel elaborou sen axuda externa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes