Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Relacións Literarias e Culturais no Espazo Lingüístico Galego-Portugués
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Relacións Literarias e Culturais no Espazo Lingüístico Galego-Portugués Código 613584120
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Profesorado
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo dos principais elementos e instrumentos culturais que explican tanto o funcionamento como as relacións entre os varios sistemas que conforman o intersistema cultural galego-portugués
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Sen modificacións nos conteúdos previstos no guía docente 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Mantéñense as Lecturas e os Traballos Tutorizados. **Metodoloxías docentes que se modifican: Fican sen efeito a Sesión Maxistral, a Discusión Dirixida, o Glosario e o Seminario. A porcentaxe atribuída agora a esta última metodoloxía na avaliación será atribuída ao Traballo Tutorizado (75%) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Toda a información e a documentación relativa ao seminario está accesíbel no Campus Virtual da materia. Teams, en horarios e formato (síncrono ou asíncrono) acordados co alumnado. Correo electrónico a demanda do alumnado. 4. Modificacións na avaliación: As tres metodoloxías de avaliación previstas (Leituras, Traballo Tutorizado e Seminario) serán substituídas, caso necesario, pola realización de 5 leituras e os traballos tutorizados correspondentes a cada unha delas. As 3 primeiras leituras serán seleccionadas dos tres blocos en que está organizada a materia (a razón de unha leitura por cada bloco) e as dúas restantes serán propostas polo/a estudante ou escollidas da bibliografia complementar que acompaña a planificación da materia. De cada unha desas leituras cada estudante elaborará un Resumo contendo os obxectivos perseguidos, os métodos utilizados e as conclusións ou hipóteses atinxidas en cada texto; un Esquema que conteña a estrutura e as principais ideas presentes en cada artigo; un Glosario cos principais conceitos relativos ao artigo/asunto en foco; seleccionará tres Fragmentos considerados de especial relevancia para o entendimento dos conteúdos totais ou parciais do texto; por último, cada persoa responderá nunha extensión máxima de unha páxina a pergunta: En que reside o interese do texto e cal é a súa utilidade formativa no ámbito do Mestrado? O Resumo, Esquema, Glosario, Fragmentos e Resposta ás cuestións referidas serán entregues, en formato pdf devidamente identificado através dunha tarefa habilitada aos efeitos no Campus Virtual da materia na data acordada co docente. *Observacións de avaliación: As persoas matriculadas realizarán aqueles traballos tutorizados (5 valores) e aquelas leituras (5 valores) que lle foren encomendados de acordo co previsto nesta addenda. As actividades contempladas neste apartado do guía da materia serán realizadas de modo non presencial e (a)síncrono. O alumnado con dificuldades para o acompañamento da materia durante a vixencia deste plano de continxencia quer por motivos técnicos ou materiais (de conexión a internet, de acceso a computadores, etc.), quer por necesidades ou limitacións persoais de calquera tipo (coidados, conciliación, horarios ou espazos restrinxidos, etc.) deberá contactar co profesor no menor tempo posíbel a fin de seren arbitradas as medidas de flexibilización e adaptación necesarias para a atención de cada caso particular. As restantes observación feitas á avaliación no guía docente da materia continúan en vigor. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Son disponibilizados no Campus Virtual todos os materiais bibliográficos necesarios para o acompañamento da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes