Para superar a materia será necesario acadar nas prácticas a través de TIC, no obradoiro e no traballo tutelado unha puntuación mínima de 4 (sobre 10). De non obter esta puntuación en cada un destes mecanismos de avaliación, a cualificación nas actas será, como máximo, de 4,9 puntos.
Na segunda oportunidade deberanse presentar actividades equivalentes aos mecanismos de avaliación non superados. Estas actividades serán propostas e entregadas na plataforma Moodle. A cualificación correspondente á participación na sesión maxistral, de non terse superada, obterase mediante actividades alternativas que se realizarán a través de Moodle.
A primeira parte do traballo tutelado presentarase o 15 de marzo e a segunda o 27 de abril.
En caso de non presentar o traballo tutelado nos prazos e forma estipulados, o/a estudante será cualificado/a como non presentado.
O estudantado con dispensa académica de asistencia será avaliado mediante o traballo tutelado e actividades correspondentes ás prácticas e aos obradoiros. A cualificación correspondente á participación nas sesións maxistrais obterase mediante unhas actividades alternativas que se realizarán mediante Moodle.
Poderanse adoptar as adaptacións oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe.