Descrición e uso da lingua inglesa nun nivel intermedio alto (B2.2)
Aínda que non existe ningún prerrequisito oficial, é recomendable que os/as estudantes superen previamente a materia Lingua inglesa 1 ou teñan un nivel equivalente ao establecido para esa materia (B2.1)
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
1. Sesións maxistrais (modificando canle de comunicación – Moodle/ Microsoft Teams)
2. Seminario (modificando canle de comunicación - Moodle/ Microsoft Teams)
3. Discusión dirixida (modificando canle de comunicación – Moodle/ Microsoft Teams)
4. Proba oral (modificando canle de realización – Moodle/ Microsoft Teams)
5. Portafolios do alumno (podendo modificar formas e datas de entrega)
6. Proba mixta (modificando canle de realización – Moodle/ Microsoft Teams)
7. Lecturas
8. Traballo tutelado
*Metodoloxías docentes que se modifican
•. Aprendizaxe colaborativa. O traballo realizarase de forma non presencial a través das diferentes plataformas institucionais habilitadas.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico. Diariamente (de luns a venres); Moodle (horario de aulas); Microsoft Teams (horario de aulas e titorías).
4. Modificacións na avaliación
As porcentaxes orixinais para cada item da avaliación manteranse, coas seguintes modificacións na modalidade de avaliación:
•Proba Oral. As tarefas de expresión oral durante o curso ou, na súa falta, a proba oral poderán ser realizadas a través de Microsoft Teams.
•Portafolios do alumno. As tarefas de produción escrita e comprensión lectora avaliaranse de forma asíncrona a través de Moodle ou Microsoft Teams.
•Proba mixta. A proba mixta realizarase de forma síncrona a través de Moodle ou Microsoft Teams.
*Observacións de avaliación:
No caso de fallos xerais no sistema ou problemas de conexión xeneralizados durante
a realización das probas síncronas, o profesorado facilitará as probas por correo electrónico ou utilizará a vía telefónica se é preciso.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías