Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Historia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A10 Comentario e debate na aula da novela Los Pazos de Ulloa, de Pardo Bazán. A participación do alumnado presupón a lectura previa dos capítulos que se comentarán no correspondente obradoiro, cada venres. Deberán asistir ao obradoiro todos os alumnos matriculados, agás nos casos de dispensa académica e, se así o desexan, os repetidores, que terán que entregar o traballo escrito que se indica en avaliación (Observacións 3.). 20
Proba obxectiva A11 C7 Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Versará sobre os contidos teóricos e prácticos estudados no curso e recollidos no temario da materia.
50
Discusión dirixida A11 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 Debate na aula na base do exposto nas sesións maxistrais e dos materiais previamente distribuídos polo profesor e lidos polo alumno en horas non presenciais. O profesor dirixirá o debate. Deberán participar todos os alumnos (agás aqueles con dispensa académica e os repetidores con incompatibilidade horaria), o que implica a asistencia obrigatoria ás sesións interactivas.
Valorizaranse as intervencións do alumnado na clase interactiva. Poderanse facer controis de asistencia a estas clases.
No apartado de Avaliación (Observacións 4.) indícase o traballo que sustitúe a asistencia ás clases interactivas no caso do alumnado repetidor ou con dispensa académica.



30
 
Observacións avaliación

1. É obrigatorio ter entregado en tempo e forma as actividades encargadas durante o curso. 

2. As faltas de ortografía (grallas) e/ou incorreccións léxico-gramaticais poderán supor unha diminución da nota. 

3. Os alumnos en situación de matrícula a tempo parcial (dispensa académica) e os alumnos repetidores que non asistan ao obradoiro (venres) presentarán un resumo, capítulo a capítulo, cun comentario persoal ao final, da novela Os Pazos de Ulloa, de Emilia Pardo Bazán. O traballo, presentado en papel (NON dixitalizado), terá as seguintes características: 7 folios (tamaño estándar) de extensión, dos que 5 serán de resumo e 2 de comentario persoal (non conta a páxina de cuberta do traballo, co nome do alumno e o título do libro); letra Times New Roman 12; interlineado 1,15. A data límite pra entregar o traballo será o 3 de maio de 2022. O traballo impreso farase chegar ao profesor coordinador da materia: Víctor Alonso Troncoso. Este traballo sustitutivo computará o 20% da nota final. 

4. Os alumnos en situación de matrícula a tempo parcial (dispensa académica) e os alumnos repetiores que non podan asistir ás clases interactivas (discusión dirixida) deberán facer a recensión bibliográfica do libro obrigatorio no pasado curso 20-21: FONTANA, Josep (2013), El futuro es un país extraño: una reflexión sobre la crisis social de comienzos del siglo XXI. Barcelona, Pasado y Presente. O traballo, presentado en papel (NON dixitalizado), terá as seguintes características: 8 folios (tamaño estándar) de extensión, dos que 4 serán de resumo e 4 de comentario persoal (non conta a páxina de cuberta do traballo, co nome do alumno e o título do libro); letra Times New Roman 12; interlineado 1,15. A data límite pra entregar o traballo será o 3 de maio de 2022. A recensión en papel farase chegar ao profesor coordinador da materia: Víctor Alonso Troncoso. Este traballo sustitutivo computará o 30% da nota final.

5. Os alumnos de
segunda oportunidade e os de decembro deberán concorrer nas mesmas condicións
que na primeira oportunidade: presentaranse ao exame final escrito (proba
obxectiva) e conservarán as cualificacións obtidas nas clases interactivas (discusión
dirixida) e no obradoiro (venres). No caso do alumnado con dispensa ou
repetidor, este conservará as cualificacións das recensións bibliográficas
sustitutivas, que deberán ter entregadas no seu prazo, o 3 de maio. Entenderase
como non presentado o alumnado que non se teña presentado ao exame final
escrito (proba obxectiva).

6.Todos os alumnos matriculados na materia (incluídos os que a tiveren pendente de cursos anteriores e con dispensa académica) deben entregar unha ficha impresa con foto actualizada ao profesor coordinador, a fin de facilitar o seguimento e consigna das súas actividades na aula ou fora dela. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes