Os diversos traballos e actividades deben ofrecer un axeitado nivel de corrección lingüística, tanto no plano da ortografía como no da redacción (utilización dun rexistro formal, claridade expositiva, emprego correcto da puntuación...).
Calificaráse con "Non presentado" aos alumnos que non realicen a proba mixta.
Na proba mixta debe acadarse unha nota mínima de 4 para superar a materia.
A materia poderá ser adaptada a estudantes con minusvalideces e aos que non teñan un nivel de español similar ao nativo.
Na convocatoria de xullo realizaráse unha proba mixta, que contará o 50%. O 50% restante recaerá no traballo tutelado, que será individual e nas actividades e participación nas aulas do alumnado.
Alumnos con dispensa académica de exención de asistencia
Estes alumnos avaliáranse mediante a proba mixta (50%) mais un trabalho tutelado individual (50%), tanto na primeira oportunidade coma na segunda.
No caso de que, por razóns de forza maior, non puidese levarse a cabo a docencia do xeito previsto, a avaliación levaríase a cabo mediante a proba mixta (50% da cualificación)e dous traballos realizados polos alumnos: un sería similar ao traballo tutelado previsto (un estudo dunha serie de voces desde a perspectiva diacrónica, ao xeito de entradas dun dicionario histórico, o que suporía o 35% da cualificación) e un segundo traballo, máis breve, que oferecería un "estado da cuestión" acerca dalgún aspecto da evolución fonolóxica ou morfolóxica do idioma (suporía un 15% da cualificación).