Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Italiano
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A3 A5 A11 B5 B7 C7 Valorarase a asistencia ás aulas e a participación activa, segundo a seguinte escala: número de faltas inferior ao 5%, 100% da cualificación; faltas entre o 5 e o 10%, 50% da cualificación; máis do 10% de faltas, 0 puntos. A nota resultante nos dous primeiros casos poderá ser obxecto de matización (ata un 20% á baixa) se a participación do alumno non foi axeitada. 5
Proba mixta A2 A8 A9 A10 A15 A19 C4 Proba escrita con preguntas de diverso tipo para avaliar os coñecementos e as distintas competencias acadadas. 35
Presentación oral A1 A5 A10 A15 A19 B4 B8 C2 C5 Avaliarase tanto a elaboración da presentación, coma o grao de corrección lingüistica acadado a nivel oral e a capacidade para interesar e facer participar ao resto dos compañeiros. 20
Proba oral A1 A3 A10 A14 B3 B6 B9 C3 Avaliarase os coñecementos e competencias relativos ao nivel falado da lingua. 20
Actividades iniciais A1 A3 A10 A20 A22 B1 B7 Considerase actividades iniciais o conxunto das seguintes actividades: exercizos en clase, participación nas aulas, lecturas, audicións e participación nas actividades programadas relacionadas coa materia.
20
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación: na primeira oportunidade, o
alumnado ten que cumprir as seguintes condicións: aprobar o conxunto da Proba
mixta e da Proba oral. Facer polo menos a metade das actividades propostas na
avaliación. Non se terán en conta as actividades entregadas fóra de prazo.
Considerarase como Non Presentado aquel alumno ou alumna que non se presenten
ás Probas mixta e oral. Os exercicios terán que entregarse o último día de
clase. A exposición oral realizarase nas últimas horas da clase do venres
(poden ser dúas o máis semanas, segundo a cantidade de alumnos e alumnas. Neste
caso realizarase a proba en orde alfabética). Estas datas poden variar. Faranse
oficiais nas clases.

Os traballos presentados polo alumnado
poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do
plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras
universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha
destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

Na segunda oportunidade se a/o estudante aprobou o
conxunto das probas mixta e oral so terá que completar as actividades
restantes. Os exercicios poderán entregarse até o día do exame. Non se
aceptarán exercicios fora deste prazo. A exposición oral se realizará o mesmo
día do exame. Se os/as alumnos/as non aprobaron o conxunto das probas mixta e
oral terá que repetilas na sesión de xullo. No caso de non ter feitas o
suspensas as demais actividades tamén terá que repetilas. Ao comezo do curso
darase un calendario de entrega dos traballos e as diferentes actividades da
avaliación.

O alumnado con dispensa académica de asistencia e a tempo
parcial deberán presentarse ao comezo do curso para recibir indicacións sobre
como aprobar o exame, e recibir avaliación continua ao longo de todo o curso.
Terán que examinarse nas datas oficiais como o resto dos alumnos e entregar ou
realizar o resto das actividades nunha data a convir coa profesora.

No caso de ter alumnos na convocatoria de decembro, o
alumnado terá que superar as mesmas probas da convocatoria de xaneiro coa mesma
porcentaxe.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes