Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificación dos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas: Sesión maxistral, discusión dirixida, lecturas, prácticas a través de TIC, presentación oral, proba mixta, proba oral e actividades iniciais.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral vía Teams ou Campus Virtual; discusión dirixida, lecturas, prácticas a través de TIC e presentación oral vía Teams; proba mixta (de maneira asíncrona a través do Campus Virtual; proba oral (vía Teams); actividades iniciais (entregaranse por correo electrónico).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías mantense no horario normal e realizaranse por correo electrónico ou por Teams, segundo as posibilidades do estudantado.
4. Modificacións na avaliación
-Proba Oral 20%. Exame oral: enviaranse unha serie de preguntas por Campus Virtual ás cales se terán que responder cunha gravación ou farase vía Teams.
-Actividades iniciais 20%. Exercicios en formato word que se entregarán por correo electrónico. Non se aceptarán outros formatos.
-Presentación oral 20%. Presentación que se enviará por correo electrónico a través dunha gravación.
-Proba mixta 35%. Exame escrito: enviarase o exame por Campus Virtual o día marcado para a proba.
-Sesión maxistral 5%. Asistencia e participación activa nas aulas. No caso de ter aulas por Teams, ou farase un control na plataforma ou, de non ser posíbel, asignarase o 5% a outra actividade.
*Observacións de avaliación:
Os prazos de entrega das actividades e dos exames comunicaranse a través de Campus Virtual con antecedencia suficiente tanto na primeira como na segunda oportunidade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ningunha.
|