Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Alemán
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Idioma Moderno: Alemán Código 613G01053
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Alemán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Martín Cancela, Elena
Correo electrónico
elena.martin@udc.es
Profesorado
Martín Cancela, Elena
Correo electrónico
elena.martin@udc.es
Web http://www.udc.es/es/filo/graos/index.html
Descrición xeral A materia está concibida como unha disciplina de iniciación á lingua alemá básica e de introdución ao coñecemento non só da língua senón tamén dos aspectos culturais dos países de fala alemá. A materia está deseñada tendo en conta que a mayoría do alumnado se enfronta por vez primeira ao alemá, é decir, pártese dun nivel cero de coñecemento. Ao final do curso espérase alcanzar as competencias do nivel A1, segundo o especificado no Marco Común Europeo de Referencia para as linguas do Consello de Europa.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai modificacións nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas. *Metodoloxías docentes que se modifican Non cambian as metodoloxías, pero pódese modificar o modo de realización. Deste xeito, as sesións maxistrais e o obradoiro faránse a través da plataforma Teams e as actividades, traballos, probas e presentacións realizaranse de manera asíncrona a través do Campus Virtual no caso de probas escritas, e a través de Teams no caso de probas orais. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Mantense as tutorías e faranse a través de Teams (previa cita) ou por correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación A proba obxetiva levarase a cabo a través de Teams de xeito asíncrono o día e hora marcados no calendario académico para a súa realización. Esta proba poderá ser dividida en máis dunha para facilitar ao alumnado a súa realización. Os traballos tutelados entregaránse a través do Campus Virtual. As presentacións e proba oral levaranse a cabo a través de Teams e mediante grabacións de video entragadas no Campus Virtual. *Observacións de avaliación: En canto a porcentaxes e requisitos para superar a asignatura, manteranse os mismo criterios especificados nas observacións do apartado Evaluación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía No caso de ser necesario ampliar a webgrafía, o profesorado da materia facilitará no Campus Virtual as referencias que considere necesarias según as necesidades do alumnado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes