Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Historia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 Debate na aula na base do exposto nas sesións maxistrais e dos materiais previamente distribuídos polo profesor e lidos polo alumno en horas non presenciais. O profesor dirixirá o debate. Deberán participar todos os alumnos (agás aqueles con dispensa académica e os repetidores con incompatibilidade horaria), o que implica a asistencia obrigatoria ás sesións interactivas.
No apartado de Avaliación (Observacións 4.) indícase o traballo que sustitúe a asistencia á clase interactiva no caso do alumnado repetidor ou con dispensa académica.
Valorizaranse as intervencións do alumnado na clase interactiva. Poderanse facer controis de asistencia a estas clases.
20
Proba obxectiva B1 B3 B5 B7 C1 Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Versará sobre os contidos teóricos e prácticos estudados no curso e recollidos no temario da materia. 50
Obradoiro A1 A2 A10 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 Comentario e debate na aula da novela Los Pazos de Ulloa, de Pardo Bazán. A participación do alumnado presupón a lectura previa dos capítulos que se comentarán no correspondente obradoiro, cada venres. Deberán asistir ao obradoiro todos os alumnos matriculados, agás nos casos de dispensa académica e, se así o desexan, os repetidores, que terán que entregar o traballo escrito sustitutivo que se indica en avaliación (Observacións 3.). 30
 
Observacións avaliación

1. É obrigatorio ter entregado en tempo e forma as actividades encargadas durante o curso. 

2. As faltas de ortografía (grallas) e/ou incorreccións léxico-gramaticais poderán supor unha diminución da nota. 

3. Os alumnos en situación de matrícula a tempo parcial (dispensa académica) e os alumnos repetidores que non asistan ao obradoiro (venres) presentarán un resumo, capítulo a capítulo, cun comentario persoal ao final, da novela Os Pazos de Ulloa, de Emilia Pardo Bazán. O traballo, presentado en papel (NON dixitalizado), terá as seguintes características: 7 folios (tamaño estándar) de extensión, dos que 5 serán de resumo e 2 de comentario persoal (non conta a páxina de cuberta do traballo, co nome do alumno e o título do libro); letra Times New Roman 12; interlineado 1,15. A data límite pra entregar o traballo será o 3 de maio de 2022. O traballo impreso farase chegar ao profesor coordinador da materia: Víctor Alonso Troncoso. Este traballo sustitutivo computará o 20% da nota final. 

4. Os alumnos en situación de matrícula a tempo parcial (dispensa académica) e os alumnos repetiores que non podan asistir ás clases interactivas (discusión dirixida) deberán facer a recensión bibliográfica do libro obrigatorio no pasado curso 20-21: FONTANA, Josep (2013), El futuro es un país extraño: una reflexión sobre la crisis social de comienzos del siglo XXI. Barcelona, Pasado y Presente. O traballo, presentado en papel (NON dixitalizado), terá as seguintes características: 8 folios (tamaño estándar) de extensión, dos que 4 serán de resumo e 4 de comentario persoal (non conta a páxina de cuberta do traballo, co nome do alumno e o título do libro); letra Times New Roman 12; interlineado 1,15. A data límite pra entregar o traballo será o 3 de maio de 2022. A recensión en papel farase chegar ao profesor coordinador da materia: Víctor Alonso Troncoso. Este traballo sustitutivo computará o 30% da nota final.

5. Os alumnos de segunda oportunidade e os de decembro deberán concorrer nas mesmas condicións que na primeira oportunidade: presentaranse ao exame final escrito (proba obxectiva) e conservarán as cualificacións obtidas nas clases interactivas (discusión dirixida) e no obradoiro (venres). No caso do alumnado con dispensa ou repetidor, este conservará as cualificacións das recensións bibliográficas sustitutivas, que deberán ter entregadas no seu prazo, o 3 de maio. Entenderase como non presentado o alumnado que non se teña presentado ao exame final escrito (proba obxectiva).

6. Todos os alumnos matriculados na materia (incluídos os que a tiveren pendente de cursos anteriores e con dispensa académica) deben entregar unha ficha impresa con foto actualizada ao profesor coordinador, a fin de facilitar o seguimento e consigna das súas actividades na aula ou fora dela. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes