Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 C1 C5 C6 C7 C8 Realizarase un exercicio combinado de comentario de texto literario e de control de lectura. Trátase de dúas probas (25% + 25%), en horario lectivo e á final de cada período (decembro e maio). 50
Proba obxectiva A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 C1 C5 C6 C7 C8 Nas datas oficiais realizaranse as probas obxectivas (exames) pertinentes. 50
 
Observacións avaliación

As anteriores porcentaxes
son orientativas. Para completar a información, cómpre ter en conta o seguinte:

1. O 50% da cualificación
final obterase polas probas escritas (exames) en convocatorias oficiais de
primeira e de segunda oportunidade. Para aprobalas, e para aprobar a materia, deberase
obter nelas un mínimo de 4 sobre 10. Por exemplo, un 3 no exame non é posible
compensalo cun 7 pola suma de actividades e asistencia.

2. Con independencia do
anterior, haberá un exame opcional en xaneiro que permitirá liberar contidos da
primeira parte da materia. Volver a presentarse a esta parte nas convocatorias
de maio e de xullo significa que a segunda cualificación, sexa esta cal sexa,
prevalece sobre a primeira.

3. O 50 % restante obterase mediante
a realización de dúas actividades durante o curso. Trátase de dúas probas (25%
+ 25%), en horario lectivo e á final de cada período (decembro e maio), que
consistirán nun exercicio combinado de comentario de texto e de control de
lectura.

4. Como novidade, neste
curso 2021-2022 non computa para a nota a asistencia ás aulas, polo que
desaparece o 10% de anos anteriores.

5. Para obter cualificación
é indispensable presentarse ás convocatorias oficiais, tanto en primeira como
en segunda oportunidade.

6. Toda avaliación positiva de
calquera das partes será gardada para a cualificación da seguinte oportunidade,
dentro do mesmo curso. No caso das actividades, contará a media entre as de
decembro e maio, e a única recuperación delas será en xullo.

7. A convocatoria adiantada
de decembro consistirá na realización dunha proba escrita (50% da
cualificación) e dunha proba específica sobre comentario e lecturas (50% da
cualificación). Esta última pode ser oral.

8. O alumnado con dispensa
académica recoñecida ou con problemas xustificados para a asistencia regular ás
aulas deberá comunicar a súa situación por escrito a luis.caparros@udc.es, co
asunto: “Dispensa de asistencia 2021-2022", en canto comece o curso ou
sexa efectiva a matrícula.

9. As probas escritas e as
actividades deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística
en español, lingua regulamentaria do curso: acentuación, ortografía, precisión
léxica, ausencia de abreviaturas, rexistro formal, etc. A penalización por
faltas graves na escrita será de medio punto en cada caso. Para estudantes de
lingua estranxeira, será indispensable un dominio razoable da lingua española,
tanto en expresión oral como escrita.

10. Calquera forma de
plaxio, como a cita de traballos alleos sen a marca de tal ou sen a referencia
correspondente, suporá o suspenso para a proba ou traballo. O mesmo aplicarase
a calquera forma de copia indebida nas probas ou exames. O control farase
mediante o programa de detección de plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de
Facultade.

11. Forma parte das obrigas
do alumnado estar ao corrente do curso e das actividades mediante a consulta
periódica da plataforma Moodle.

12. Lémbrase que os dereitos
e deberes do alumnado da UDC están recollidos no Estatuto do Estudantado, na
web institucional:

https://www.udc.es/estatuto O resto de normativa pode consultarse en:
https://www.udc.es/gl/normativa/estudantes/

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes