Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Francés
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Idioma Moderno: Francés Código 613G02016
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Francés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Luís Gamallo, María Obdulia
Correo electrónico
m.luis@udc.es
Profesorado
Luís Gamallo, María Obdulia
Correo electrónico
m.luis@udc.es
Web
Descrición xeral A materia ofrece formación teórica e práctica na descrición e uso da lingua francesa, de maneira a garantir un dominio práctico da mesma. Estudiaranse os principais aspectos fonéticos, gramaticais, léxicos e funcionais da lingua francesa, exercitados a traves da práctica harmónica das 4 principais destrezas comunicativas (comprensión lectora e oral, produción escrita e oral). Unha vez cubertos os contidos da materia, o alumnado deberá conseguir consolidar as competencias do nivel A2 segundo o especificado no Marco común europeo de referencia para as linguas do Consello de Europa.
Plan de continxencia PLAN DE CONTINXENCIA 1. MODIFICACIÓN DOS CONTIDOS Non se realizan modificacións nos contidos da materia. Só serán obxecto de avaliación os contidos impartidos e as destrezas exercitadas presencial e/ou virtualmente. 2. METODOLOXÍAS 2.1. METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MANTEÑEN • ACTIVIDADES INICIAIS (non computa na avaliación) • LECTURAS (non computa na avaliación) • PROBA ORAL (computa na avaliación) 2.2. METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MODIFICAN • SOLUCIÓN DE PROBLEMAS (computa na avaliación) • DISCUSIÓN DIRIXIDA (computa na avaliación) As sesións presenciais destas dúas metodoloxías serán sustituídas por sesións virtuais na plataforma Teams. Respetaranse dentro do posible os horarios da materia previstos pola facultade, e os cambios que deban realizarse terán que contar co coñecemento e co acordo de todas as persoas participantes. As sesións virtuais levaranse a cabo en grupos reducidos para facilitar a interacción, e terán unha duración mínima de 30 minutos e máxima de 60 minutos. As actividades obrigatorias previstas, así como as voluntarias, entregaranse á profesora a través do correo electrónico. A profesora remitirá as actividades corrixidas e calificadas a cada estudante por correo electrónico. Ver o cómputo destas metodoloxías na avaliación no apartado Modificacións na avaliación. • PROBA OBXECTIVA: esta metodoloxía queda anulada e o seu cómputo na avaliación redistribuído. 3. MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO CORREO ELECTRÓNICO; VIDEOCONFERENCIA E CHAT NA PLATAFORMA TEAMS: 4 horas semanais. Manterase, sempre que for posible, o horario de atención personalizada do profesorado ao estudantado; en caso contrario, adaptarase á disponibilidade do alumnado e do profesorado. Utilizarase a ferramenta que o profesorado considere máis axeitada ás necesidades do alumnado. 4. MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN 4.1. METODOLOXÍA, PESO NA CUALIFICACIÓN FINAL E DESCRICIÓN • SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: 50% da cualificación final Actividades da parte teórico-práctica (contidos gramaticais, expresión escrita e comprensión lectora). • DISCUSIÓN DIRIXIDA: 25% da cualificación final Actividades da parte práctica (léxico, expresión oral, comprensión oral, interacción oral). Ver en "Observacións de avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas. • PROBA ORAL: 25% da cualificación final Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante a presentación oral dun traballo tutelado. 4.2. OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN O sistema de avaliación é de aplicación tanto para o alumnado a tempo completo como para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. 5. MODIFICACIÓNS DA BIBLIOGRAFÍA O profesorado da materia facilita a través de Moodle referencias bibliográficas ou webgráficas alternativas segundo as necesidades do alumnado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes