Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Francés
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A8 A10 A15 B1 B4 B6 B8 C2 Actividades da parte teórico-práctica (contidos gramaticais, expresión escrita e comprensión lectora).
Inclúe a valoración da asistencia ás aulas.
25
Discusión dirixida A8 A10 A15 B1 B4 B6 B8 C2 Actividades da parte práctica (léxico, expresión oral, comprensión oral, interacción oral).
Inclúe a valoración da asistencia ás aulas.
25
Proba obxectiva A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 Probas da parte teórico-práctica que o/a estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o cuadrimestre. 25
Proba oral A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 Probas da parte práctica oral (Dictado, comprensión oral e expresión oral) 25
 
Observacións avaliación

LEA ATENTAMENTE A INFORMACIÓN
QUE SEGUE:

1. O alumnado ten dúas
oportunidades para aprobar a materia: a primeira ao remate do primeiro
cuadrimestre e a segunda no mes de xullo. As datas oficiais deben ser
contrastadas polo alumnado nos taboleiros oficiais ou na páxina web do centro inmediatamente
antes de cada período de exames.

2. A materia está dividida
en 2 partes: teórico-práctica [contidos gramaticais, comprensión lectora,
expresión escrita] e práctica [léxico, expresión,
comprensión e interacción oral].

3. De suspender a materia
na primeira oportunidade, o/a estudante deberá presentarse a todas as probas da segunda oportunidade.

4. En cada oportunidade de
avaliación o/a alumno/a recibirá a cualificación NP de se dar
simultaneamente estas dúas situacións: se non se presentar a ningunha das
probas oficiais de avaliación (escritas e oral) e se o número de actividades
presentadas for igual ou inferior ao 25% das programadas en cada parte da
materia.

5. O alumnado con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as actividades
programadas (as actividades presenciais
serán substituidas por outras non presenciais equivalentes). En caso contrario,
aplicaráselle o establecido no apartado 4.

O alumnado que teña
oficialmente recoñecida a dispensa académica de exención de asistencia deberá
acreditalo documentalmente á profesora coordinadora da materia antes do mes de
marzo do presente curso.

6. Os traballos académicos
(entendendo por tal todo o material que o alumnado elabore para ser obxecto de
avaliación) presentados polo alumnado da materia deben ser, agás indicacións
expresas do profesorado, de elaboración individual, e poderán ser incorporados
á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do
mesmo exercicio en varias materias. De se producir algunha destas
circunstancias activaranse as medidas recollidas nas "Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario" da UDC.

7. Nos casos non
contemplados anteriormente aplicarase o disposto nas "Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario" da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes