Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega e Comunicación Oral
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Obradoiro Nas sesións presenciais previamente determinadas nun cronograma incorporado ao campus virtual da materia realizaranse prácticas de prosodia, ortoepía, fonética sintáctica e rendibilidade expresiva.
Estas actividades estarán baseadas na procura de modelos de calidade e a aprendizaxe colaborativa.
Cada estudante terá un espazo para rexistrar as súas prácticas orais que funcionará a modo de portafolio.
O obradoiro poderá incluír a participación de persoas convidadas que acheguen modelos articulatorios exemplarizantes ou a audición de rexistros sonoros que funcionen como referentes a imitar.
A participación no 80% das prácticas do obradoiro (e o seu consecuente rexistro) será unha condición indispensábel para poder ser avaliada/o.
Lecturas Ao inicio do cuadrimestre estará dispoñíbel no campus virtual da materia a relación de lecturas previas obrigatorias e a súa secuencia. Estas serán realizadas fóra das sesións e servirán de posta en común e punto de partida para as reflexións das sesións maxistrais e as prácticas do obradoiro, onde se realizará o seguemento das lecturas de cada estudante.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar dous traballos prácticos.
O primeiro, escrito, consistirá na análise do modelo oral dun fragmento tirado dos medios de comunicación ou das redes sociais e previamente combinado co docente e na achega de melloras desa oralidade.
O segundo, oral, consistirá na incorporación ao campus virtual dunha gravación en que a/o estudante declame un fragmento poético fuxindo dos modelos da dicción do verso español, segundo o traballado no obradoiro.
Presentación oral Cada estudante realizará unha presentación oral presencial do primeiro dos traballos tutelados ao conxunto do grupo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes