Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Medieval Galego-Portuguesa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Literatura Medieval Galego-Portuguesa Código 613G02023
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Eirin García, Leticia
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
Profesorado
Eirin García, Leticia
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da literatura medieval galego-portuguesa a través dos seus textos e autores máis representativos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non hai. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Glosario, prácticas a través de TIC, lecturas, recensión bibliográfica. *Metodoloxías docentes que se modifican: Actividades iniciais, sesión maxistral, análise de fontes documentais, seminario, eventos científicos e/ou divulgativos, proba mixta. O desenvolvemento dos catro primeiros será a través do Campus Virtual e de Teams, ben con presentacións e lecturas asociadas no primeiro caso, ou ben por medio de sesións síncronas ou asíncronas no caso da plataforma Teams. Os eventos científicos e/ou divulgativos serán substituídos por conferencias ou charlas dispoñíbeis na rede e indicadas pola profesora, en canto a proba mixta será realizada a través do Campus Virtual. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Atención a través do correo electrónico, dos foros creados a tal efecto no Campus Virtual e videotitorización a través de Teams. 4. Modificacións na avaliación: Mantéñense as actividades e porcentaxes de avaliación. *Observacións de avaliación: Non hai. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non hai modificacións na bibliografía, aínda que en caso necesario serán fornecidos materiais en formato pdf ou webs específicas para o acompañamento das sesións non presenciais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes