Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Medieval Galego-Portuguesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A2 A7 B6 B7 C1 C6 As obras de lectura obrigada serán obxecto de traballo específico nas aulas dos grupos intermedios-reducidos.
A avaliación realizarase tendo en conta o traballo levado a cabo nestas sesións e na elaboración de dous comentarios, que deberán seguir as pautas indicadas pola profesora.
30
Proba mixta A1 A2 A7 A11 A14 A15 A16 A17 A18 B1 B3 B6 B7 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais. Serán valoradas cuestións como o rigor expositivo e a calidade expresiva. 40
Glosario A2 A7 A15 A17 B1 B3 B6 Será valorada a recolla dos elementos poético-retóricos e a claridade e exemplificación das entradas introducidas polo/a alumno/a na semana que lle sexa asignada. 10
Recensión bilbiográfica A2 A11 B6 B7 C1 Será valorada a lectura reflexiva da obra, a capacidade de síntese, o rigor e a clareza expositiva, así como a calidade lingüística.
15
Eventos científicos e/ou divulgativos A7 A11 A14 A17 C6 C8 Asistencia a eventos científicos e/ou divulgativos indicados pola profesora. A avaliación farase tendo en conta a ficha que deberá cubrir o alumnado. 5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o/a estudante deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis.

Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que serán publicados no Campus Virtual no inicio do curso.

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados á ferramenta para a detección de plaxio Turnitin.

O alumnado terá de entregar os traballos e actividades nos prazos estabelecidos nas aulas. 

1. OPORTUNIDADE DE XULLO

Deberánse realizar ou presentar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente. 

O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta.

2. NON PRESENTADO/A

Será considerado NON PRESENTADO/A o/a estudante quen non se presente á proba mixta. 

3. DISPENSA ACADÉMICA E MATRÍCULA PARCIAL

As persoas que teñan dispensa académica terán condicións especiais de avaliación:

- Proba mixta (50%).
- Lecturas (30%). Para concretar as características dos comentarios, o/a estudante deberá pórse en contacto coa profesora antes do día 30 de setembro. 
- Recensión bibliográfica (20%).

As persoas con matrícula parcial deberán poñerse en contacto coa profesora antes do 30 de setembro por se for preciso estabelecer condicións especiais de avaliación; de ser este o caso, aplicaríanse as mesmas que para as persoas con dispensa académica.

4. ALUMNADO CON INCOMPATIBILIDADE POR RAZÓNS HORARIAS OU LABORAIS

O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas e o alumnado que tiver horario laboral incompatíbel co seguimento da materia mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica deberá comunicalo á profesora a través dun correo electrónico antes do 30 de setembro. Unha vez realizadas as oportunas comprobacións, a profesora confirmará se o seu sistema de avaliación será o do alumnado con dispensa académica.

5. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO

Consistirá na realización dunha proba escrita (60% da cualificación) e na entrega da recensión bibliográfica fixada na guía docente (40%).














Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes