Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Poesía en Lingua Galega e Portuguesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A4 A14 A17 A20 B6 B7 B10 C1 No traballo tutelado será valorada a correcta delimitación do tema, o aproveitamento dos materiais bibliográficos, os resultados finais e a calidade lingüística e expositiva.
25
Lecturas A7 A10 A17 A18 A19 A20 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C6 As lecturas obrigatorias serán avaliadas a través de actividades de diferente tipo (recensión crítica, comentario de texto, cuestionario), ao longo de todo o cuadrimestre. 20
Proba mixta A18 A17 A15 A14 A11 A9 A2 A1 B7 B4 C1 Proba escrita baseada fundamentalmente nas actividades de análise e comentario de textos, combinadas con outras de carácter ensaístico. Como no caso dos traballos tutelados, serán valoradas a expresión e o rigor expositivo. 40
Seminario A3 A2 B6 B7 C1 As actividades de seminario serán desenvolvidas nas aulas presenciais e nelas será avaliada a lectura e a análise dos materiais propostos, a participación de cada estudante, o traballo colaborativo e o desenvolvemento do pensamento crítico. 15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables.

Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña" (artigo 14.4).

As persoas matriculadas a tempo parcial e que obtiveren dispensa académica deberán porse en contacto co profesorado para organizar o seu seguemento da materia. Serán avaliadas de acordo co seguinte sistema: proba mixta (40%), traballo tutelado (30%) e lecturas (30%). Tamén deberán porse en contacto co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral sexa incompatible co seguemento da materia mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderá ter condicións de avaliación equivalentes á dispensa académica.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será outorgada cando o/a alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%.

Na segunda oportunidade (xullo) será aplicado o mesmo sistema de avaliación que na primeira. As persoas que concorreren á segunda oportunidade deberán realizaar unicamente as actividades non superadas na primeira. As datas de entrega serán indicadas polo profesorado con antecedencia suficiente. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes