Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Subjects
  Comparative social policies
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Clases teóricas nas que se explicarán os principais contidos de cada unidade didáctica. Asignaranse unha serie de lecturas que serán necesarias para o debate e participación na clase.
Practical test: Materia impartida pola profesora Margarita Vilar: Temas 1-7
Os estudantes afrontarán dúas probas prácticas avaliables que consistirán na elaboración dunha reflexión crítica sobre un tema relacionado con cada un dos contidos dos seguintes bloques. Proba 1 (Temas 1, 2 e 3) e Proba 2: (Temas 4, 5, 6 e 7). Estas dúas probas terán que cumprir a extensión e formato de letra indicados en moodle. Estas probas práctica entregaranse a través da entrega de tarefas de Moodle en formato .PDF; nun arquivo cuxo nome identifique ao/á estudante. Estas duas probas terán un peso de 30% (proba 1), 40% (proba 2) e representarán en conxunto o 70% da nota final da materia. As dúas probas deberán estar entregadas no formato e vía sinalada nas datas establecidas pola profesora no primeiro día do curso. Estas datas indicaranse no calendario moodle da materia.

O alumnado pendente de aprobar a materia na segunda oportunidade poderá entregar as dúas prácticas en calquera momento do segundo cuadrimestre, contactando previamente coa profesora e tendo en conta as limitacións de prazos sinalados pola actas.

Materia impartida pola profesora Belén Fernández Suárez: Temas 8-10.

Os estudantes afrontarán unha proba prácticas avaliable que consistirá na elaboración dunha reflexión crítica sobre un tema dos contidos dos temas 8, 9 e 10. Esta proba terá que cumprir a extensión e formato de letra indicados na moodle. Este traballo práctico entregarase a través da tarefa publicada na moodle en formato .PDF; nun arquivo en cuxa portada apareza o/os nome/s que identifiquen ao/aos estudante/estudantes. Este traballo terá un peso do de 30% da nota final da materia. O traballo deberá estar entregado no formato e vía sinalado nas datas establecidas pola profesora na primeira clase do curso. Estas datas indicaranse no calendario da moodle da materia.

O alumnado pendente de aprobar a materia na segunda oportunidade poderá entregar a práctica en calquera momento do segundo cuadrimestre, contactando previamente coa profesora e tendo en conta as limitacións de prazos sinalados pola actas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes