Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Técnicas cualitativas para a análise dos discursos e as realidades sociais
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Prácticas externas/615525028
Deseño de proxectos e traballos de investigación/615525029
Traballo Final de Mestrado (TFM)/615525031
Investigación-acción participativa, acción comunitaria e xestión das organizacións sociais/615525010

Observacións
  1. Ao ser unha materia de carácter obrigatorio será cursada por todo o alumnado matriculado no mestrado. Os requisitos de acceso son os xerais de admisión no mestrado.
  2. O alumnado deberá revisar regularmente a plataforma virtual e consultar os documentos e as actividades propostas.
  3. É obrigatorio resolver as actividades de modo razoado, apoiándose e argumentando con base nos documentos propios da materia e outros que podan ser considerados de interese. 
  4. O uso inadecuado de citas e referencias bibliográficas poderá supoñer unha penalización na cualificación final e o plaxio o suspenso da asinatura. 
  5. A entrega dos traballos que se realicen nesta materia realizarase a través da aula virtual, en formato dixital.
  6. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, empregarase bibliografía de autoras e autores, propiciarase a intervención en clase de todo o alumnado, etc. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultade
  8. Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respectando todas as opinións diversas ao redor dos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnados a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria

Ferramenta

Temporalización

 

Microsoft Teams 

 

·     Na medida do posible, sesións síncronas (correspondentes co horario facilitado ao inicio do curso) e no seu defecto, gravacións dispoñibles na aula virtual.

·     Sesións de titoría a petición do alumnado en función das súas posibilidades de conectividade.

Aula virtual

·     Subida de presentacións empregadas nas sesións.

·     Repositorio documentos de lectura obrigatorios, complementarios e de apoio.

·     Comunicación de dúbidas vía foros específicos.

 -  Foros para as actividades a realizar online

·     Subida das orientacións para a elaboración de traballos.

·     Entrega de traballos.

·     Publicación de cualificacións finais provisionais e definitivas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes