Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Introdución á ciencia política e da administración
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Introdución á ciencia política e da administración Código 615G01106
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Roman Masedo, Laura
Correo electrónico
laura.roman@udc.es
Profesorado
Roman Masedo, Laura
Correo electrónico
laura.roman@udc.es
Web
Descrición xeral Trátase dunha materia de carácter eminentemente introductorio cuxo obxectivo xeneral é ofrecer ao estudante unha visión o máis ampla posible desta disciplina, sen deixar de abordar os temas de maneira que se procure un coñecemento notable dos mesmos. Xunto a este obxectivo xeral, o ensino desta materia, no marco dos temas que lle son propios, exponse cubrir outro tres obxectivos clave que son os seguintes: 1) que o estudante coñeza a herdanza intelectual e as ferramentas conceptuais de que dispón a Ciencia Política como disciplina científica; 2) que o estudante coñeza os resultados das principais liñas de investigación que se desenvolveron, así como os enfoques cos que abordar o estudo dos procesos, os actores e as institucións políticas; e 3) que o estudante reforce as súas habilidades respecto da sistematización de ideas, a presentación das mesmas, a orde do seu discurso, a posta en común dos seus coñecementos, e que sexa capaz de alcanzar estes obxectivos tanto no seu traballo individual como en equipo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios, excepto a posibilidade de reducir o contido da materia ao mínimo imprescindible á materia obxecto de exame. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen (sempre que sexa posible, en función das dispoñibilidades técnicas): - Proba obxectiva - Traballos tutelados - Sesión maxistral *Metodoloxías docentes que se modifican - Non se realizarán cambios 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico a demanda do alumnado. - Moodle: sempre que sexa necesario realizaranse comunicacións colectivas con instrucións para o seguimento do curso ou a incorporación de materiais de apoio ao estudo. - Teams: sempre que sexa posible, en función das dispoñibilidades técnicas, poderían realizarse sesións en Teams na franxa horaria correspondente á materia, tanto para as sesións maxistrais como para as interactivas. 4. Modificacións na avaliación (só no caso de que as clases presenciais non poidan comezar en absoluto): - Proba obxectiva = 40% - Traballos tutelados = 60% *Observacións de avaliación: - As mesmas que no caso da presencialidade para o alumnado a tempo parcial. - Para os estudantes a tempo completo: 1º) no caso de suspensión da actividade presencial manteranse a porcentaxe asignada a asistencia (20% que se restaría da porcentaxe asignada ao traballo tutelado) para as sesións presenciais que puidesen celebrarse, sempre que éstas alcanzasen polo menos un 50%; 2º) en todos os casos para superar a materia é necesario alcanzar polo menos 5 puntos nos items avaliables, 2 dos cales han de obterse no exame. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se contemplan
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes