Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Hª política e social contemporánea
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A3 A8 A10 B5 B13 B24 B26 Baseado na avaliación permanente realizada polo profesor a partir da participación activa por parte dos alumnos 25
Lecturas A1 A3 A8 A10 B5 B12 B13 B24 B26 Baseado na avaliación permanente realizada polo profesor a partir da exposicion na aula dunha das lecturas, encomendada a un grupo 15
Proba obxectiva A1 A3 A8 A10 A17 B5 B13 B24 B26 A avaliacion basearase nun exame por escrito a final de curso, en torno a materia impartida nas aulas e aos textos de lectura obligatoria. O exame basearase en preguntas teóricas e de comentario de texto. 60
 
Observacións avaliación

As
cualificacións finais serán o resultado da suma de 2 bloques de notas:

a.- Un exame por
escrito ao final do curso, que aportará o 60% da nota. Non presentarse ao exame final
comportará a cualificación de "Non Presentado" na materia.

b.- A participación
en clase aportará conxuntamente ata un 40% da nota, desglosada en dous conceptos:
participación activa en clase (25%); e traballo
tutelado por grupos (15%).

Se un membro do grupo non asiste a presentación oral o
día sinalado, non poderá recibir cualificación por este concepto.

As normas de avaliación da primeira oportunidade manteranse para a segunda oportunidade de xullo. Caso de que o estudante non se
presentase a exame ou non superase a convocatoria de xuño, as cualificacións
correspondentes ao concepto “b” (participación en clase e
traballo colectivo) gardaranse para a convocatoria de xullo.

UNICAMENTE para
aqueles alumnos/as que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación final
dependerá exclusivamente da proba obxectiva baseada nun exame por escrito ao
final do curso, que aportará o 100% da nota.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes