Lecturas |
Lectura e análise por parte do alumnado do conxunto de textos e documentación fundamental que se sinalan como bibliografía básica e fonte para afondar nos contidos traballados. |
Discusión dirixida |
Técnica de dinámica de grupos a través da cal se levarán a cabo debates na aula nos que se discutirán e analizarán de forma libre, informal e espontánea determinados temas motivando o diálogo e a retroalimentación co alumnado así como a capacidade de comunicación oral e a reflexión crítica. |
Portafolios do alumno |
É un cartafol físico ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno no marco da asignatura, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolio inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |