Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Pedagoxía da actividade física e do deporte
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A7 A8 A9 B4 B7 C1 C3 C7 As actividades evaluables, na sua maior parte son fruto dunha aprendizaxe colaborativo entre o alumnado. 40
Proba de ensaio A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B7 B14 B15 B17 C1 C3 - Realizaranse tres probas, para a avaliación continua. E de non superar algunha pódese ir a unha proba final.
1ª proba.- Temas 1, 2 e 3 (3 puntos)
2ª proba.- Temasw 4 e 5 (2 puntos)
Realziación individual dunha unidad didáctica (1 punto)

- Realizarase só unha proba final aqueles/as estudantes que non optan á avaliación continua.
60
 
Observacións avaliación

*** O alumnado que cursase a materia en cursos anteriores, deberá dirixirse ao profesorado durante os primeiros 15 días do curso para valorar, en cada caso, o recoñecemento ou non da avaliación continua e por tanto a exención de asistencia e de realización das actividades contempladas nesta guía.

** O alumnado con matrícula a tempo parcial, deberá falar co profesorado para acordar os criterios de avaliación para cada unha das oportunidades. Se o estudante ten posibilidade de manter unha asistencia periódica dun mínimo do 50% poderá acollerse á avaliación continua entregando sempre en prazo as actividades evaluativas, realizando a UD e elaborando o portafolio. 

* Os/as que non se atopen nesa situación especial, poderán elixir entre un sistema de avaliación formativa de carácter continua (auto, co e heteroevaluación) ou de avaliación final (heteroevaluación).

 

1. AVALIACIÓN FORMATIVA (CONTINUA)

Optar por este sistema de avaliación implica a asistencia polo menos ao 70% das clases presenciais; a elaboración do portafolio; a entrega de todas as actividades evaluativas e non evaluativas (en tempo e forma), a elaboración individual da unidade didáctica e as probas de ensaio programadas. En cada unha delas deberá obter, polo menos, o 50% da cualificación.

a. Portafolio. 

Non ten valor numérico, pero a súa entrega será requisito imprescindible para optase a avaliación formativa (continua). 

A realización do portafolio terá un seguimento por parte do profesorado ao finalizar cada mes, solicitarase aleatoriamente presentar o portafolio a un grupo de alumnas/vos. 

Previo á realización da primeira proba de ensaio e da final, cada estudante presentará as rúbricas/listas de control de auto e coevaluación (de cada tema).

A non entrega destes documentos significará a perdida da avaliación formativa (continua). 

b. Actividades evaluativas. 

Realizadas no horario de clase programado (poderá utilizarse a clase da tutoría grupal) ou en horarios non presenciais. 

Poderán ser corrixidas no horario da tutoría grupal ou en horario de clase.

Realizaranse 2 actividades en cada tema cun valor total de 4 puntos. 

A non entrega de TODAS as actividades evaluativas ou non alcanzar a metade da puntuación no sumatorio das actividades na primeira oportunidade implicará a perdida da avaliación continua. 

Se algún estudante non pode asistir a clase no momento da elaboración ou a entrega, deberá enviala por correo ou entregala con anterioridade.

c. Proposta inicial/organizada dunha unidade didáctica .

Realizarase na aula de forma individual ao finalizar o tema 4 e terá un valor de 1 punto. 

A non realización implicará a perdida da avaliación continua, senón non se supera o 0,5 hai que repetila, en data e hora que establecerá o profesorado da materia.

d. Probas de ensaio

Realizaranse dúas probas 

A primeira corresponderase cos temas 1, 2 e 3 e terá un valor de 3 puntos 

A segunda co 4 e 5, cun valor de 2 puntos 

Cada proba esixirá unha cualificación do 50% para ser superada. 

As preguntas presentaranse en castelán, poderase realizar en calquera dos dous idiomas oficiais da Universidade da Coruña. O que desexe as preguntas en galego deberá solicitalo ao profesorado, polo menos cunha semana de antelación á data de realización. 

Aquelas/vos que non alcancen a nota mínima nestas dúas probas, deberán presentarse ao exame final (convocatoria oficial de exames). Para as oportunidades de xaneiro/xullo, se se supera a primeira proba, presentarase á segunda só cos temas 4 e 5 e se supera a segunda, á primeira cos temas 1, 2 e 3.

As preguntas da proba son de desenvolvemento, de aplicación do contido e especialmente de relación.

e. Atención personalizada 

Toda a materia está estruturada en base a unha necesidade de comprensión, polo que aínda que esta metodoloxía non ten peso directo na avaliación, é moi recomendable contactar co profesorado todas as veces que sexa necesario para compartir, aclarar, preguntar, %ou2026 

Pode realizarse a través de tutorías grupales (en horario da propia materia recollido nos horarios oficiais) e en tutorías individuais presenciais ou por TEAMS (horario oficial de tutorías do profesorado)

Consideracións de face ao mantemento de cualificacións e/ou partes da materia no caso de cumprir todos os criterios da avaliación formativa (continua):

Ao que supere os apartados b, c e d, pero que suspenda a proba de ensaio final, gardaráselle esta parte da cualificación para futuras convocatorias. Isto será igualmente de aplicación para o alumnado de cursos anteriores.

Ao que supere só una das probas de ensaio, manteráselle a cualificación da superada para a oportunidade de xullo, pero non para futuras convocatorias.

Preséntase unha táboa resumen:

a. Portafolio
0
Entregar rúbrica ao final de cada tema
b. Actividades evaluativas
4 puntos
Na data establecida para cada unha ao longo de cuadrimestre
c. Unidad Didáctica
1 punto
Ao remate do tema 5
d. Proba ensaio temas 1, 2 e 3
Prueba ensayo temas 4 e 5
3 puntos
Ao remate do tema 3
2 puntos
 Ao remate do tema 5


*** Valorarase a maiores da puntuación establecida no programa, a realización de cursos/seminarios relativos ao contido da materia ou a técnicas instrumentais de traballo (Bibliografía, bases de datos, técnicas de estudo, etc.). Poden realizarse, na Facultade, na UDC ou noutras entidades formativas, pero sempre dentro do curso académico 21-22

2. AVALIACIÓN FINAL

Optará a ela, o alumnado que perda o dereito á avaliación continua e aquel que así o desexe. Non elaborarán o portafolio, nin se presentarán ás probas parciais, nin estarán obrigados a cumprir a asistencia.

Han de realizar a proba final na data marcada no calendario oficial de exames e para superar a materia deberán obter ou superar o 70% (7 sobre 10 puntos), tendo en conta que o alumnado de avaliación continua mostrou un compromiso coa materia.

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, implicará directamente a cualificación de suspenso %ou201C0%ou201D na materia e na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes