Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Aprendizaxe e control motor
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos B3 B5 B7 C7 C8 Establécese o criterio de equivalencia de 0.1 puntos da cualificación final por cada hora de actividade nesta metodoloxía ata un máximo de 0.75 puntos.
No caso de que non se participe nesta metodoloxía a porcentaxe correspondente incorporarase á porcentaxe da proba mixta; do mesmo xeito que se a puntuación final obtida neste apartado é inferior á cualificación da proba mixta.
7.5
Proba mixta A14 A27 B1 B2 B9 B10 B11 B13 B16 C1 C2 Proba realizada ao finalizar a materia, na data prevista de exame. 40
Prácticas a través de TIC A22 B7 B9 B13 C3 Durante o curso presentarase a través de TICs (Moodle, Kahoot, Symbaloo) unha serie de controis relacionados tanto coas prácticas como cos contidos teóricos, co fin de motivar a asistencia, o estudo continuo e a resolución de dúbidas.
Será obrigatorio a inclusión, na plataforma/aplicación dixital establecida, dos datos obtidos nas prácticas; iso permitirá realizar a análise dos mesmos, xerar novas formulacións e responder a preguntas relacionadas.
45
Proba clínica B2 B3 B5 B7 B13 C8 Establécese o criterio de equivalencia de 0.1 puntos da cualificación final por cada hora de actividade nesta metodoloxía ata un máximo de 0.75 puntos.
No caso de que non se participe nesta metodoloxía a porcentaxe correspondente incorporarase á porcentaxe da proba mixta; do mesmo xeito que se a puntuación final obtida neste apartado é inferior á cualificación da proba mixta.
7.5
 
Observacións avaliación

1. Asistencia:

  • Esíxese asistencia para a avaliación dado que se empregan as metodoloxías de prácticas de laboratorio e prácticas a través de TIC.

2. A porcentaxe mínima de asistencia para a avaliación será do 70% (grupo mediano e de prácticas):

  • No caso de falta de asistencia, por causas xustificadas, poderase solicitar a realización da práctica en horario de titoría do profesorado que a impartira.

3. Avaliación para as distintas oportunidade:

  • 1ª oportunidade:
    • Respecto a a realización da proba mixta:
      • O resultado da proba mixta terá que ser igual ou superior a 5.00 para realizar a media ponderada cos restantes elementos da avaliación. 
      •  Na folla do exame, a puntuación de cada pregunta farase explícita no caso de que as preguntas teñan un valor diferente.
    • Respecto a a metodoloxía “Prácticas a través de TIC”: o resultado da súa cualificación terá que ser igual ou superior a 5.00 para realizar a media ponderada dos restantes elementos da avaliación. 
    • A media ponderada resultado dos distintos elementos de avaliación terá que ser igual ou superior a 5.00 para superar a materia. 
    • Pódese optar por realizar só a metodoloxía "proba clínica" ou só a metodoloxía "eventos científicos e/ou divulgativos"; nese caso pódese chegar a obter ata 1.5 puntos en calquera dos dous apartados.
    • No caso de que unha metodoloxía de avaliación non se poida levar a cabo, a súa porcentaxe na avaliación incorporarase ao da proba mixta.
    • Respecto ás convocatorias de exame: cada convocatoria consta de dúas oportunidades (xuño e xullo); cando nunha mesma convocatoria se teña unha cualificación de "non presentado" nunha oportunidade e "suspenso" na outra, no seu expediente constará "suspenso" en dita convocatoria. 
  • 2ª oportunidade:
    • Mantéñense os mesmos requirimentos que na 1ª oportunidade.
    • No caso de non se realizar as prácticas obrigatorias, estas deberán levarse a cabo no seguinte curso académico.

4. Criterios de mantemento de partes superadas na 2ª oportunidade:

  • Manteranse as cualificacións obtidas en calquera dos apartados da avaliación logrados na primeira oportunidade de cada convocatoria, se o alumnado así o desexa.

5. Criterios de mantemento de partes superadas en futuras convocatorias:

  • Manteranse as cualificacións obtidas en calquera dos apartados de avaliación logrados nas convocatorias anteriores, exceptuando o caso dun posible cambio do docente que imparta a materia. 
  • Os criterios para as convocatorias extraordinarias non se modificarán.

6. Alumnado con matrícula parcial:

  • 1ª oportunidade:
    • a avaliación realizarase do mesmo xeito que para o resto do alumnado con matrícula completa.
  • 2ª oportunidade:
    • a avaliación realizarase do mesmo xeito que para o resto do alumnado con matrícula completa.
7. Dispoñibilidade dos idiomas en relación ás probas escritas de avaliación (non só á proba final):
  • Tanto a proba mixta como as probas prácticas a través de TICs levaranse a cabo no idioma no que se imparte a materia (castelán):
    • Quen desexe realizar a proba mixta noutro idioma oficial da UDC deberá solicitalo, alo menos, unha semana antes da data da súa realización.
8. Alternativas de avaliación para casos especiais xustificados:
  • Cada caso existente será tratado de forma particular, atendendo ás súas circunstancias, sen menoscabo dos resultados de aprendizaxe.

9. Para a realización de probas on-line, empregarase a plataforma da UDC ou sistemas recoñecidos por esta.

10. Implicacións do plaxio na realización das probas ou actividades de avaliación:     

  • A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia e na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes