Descrición xeral |
A asignatura Actividade Física no Medio Natural, pertencente ao módulo 5 “Ensino da Educación Física” do título de Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, introduce ao estudante ao coñecemento daquelas actividades que, con carácter educativo, recreativo, deportivo ou turístico, teñen lugar en espazos abertos o aire libre ou escasamente modificados pola man do ser humano.
As actividades na natureza representan desde a orixe da educación física un recurso relevante como instrumento para o desenvolvemento integral das nenas e nenos, como así se pode observar no propio Manifesto da Educación Física en 1970, cando fai referencia ao concepto xeral da Educación Fisica como “parte da educación que utiliza de unha maneira sistematica as actividades físicas e a influencia dos axentes naturais: aire, sol, auga, etc., como medios específicos”. Acomodada esta conceptualización a unha contexto deteminado, revísase a súa visión no manifestó do ano 2000, no que a Educación Física conéctase co resto de elementos e cuestións universáis, como o medio ambiente e a súa problemática, intríncandose para establecer unha íntima relación que chega ata os nosos días. Así póis, o séu capítulo XIX versa integramente sobre a Educación Física e as responsabilidades ante o medio ambiente. Así pois a Educación Física benefíciase dos ambientes naturais, e ao mesmo tempo a través de esta o considera e trata de melloralo, como movemento coherente coa Axenda 21.
Deste xeito, hoxe en día estas prácticas forman parte do curriculum da Educación Física como asignatura, contribuíndo ademáis ao aprecio pola natureza e ao desenvolvemento dunha conciencia ecolóxica.
Por outra banda, tamén se aprecia un incremento das prácticas deportivas no medio natural no ámbito recreativo, deportivo e turístico desde fináis do século XX; corrente que se mantén na actualidade, reflexada nas abundantes referencias científicas, de divulgación, regulacións, plans de formación, etc, ao que a formación de una graduada ou grado en ciencias da actividade física e o deporte non pode ser allea.
Así pois, as prácticas deportivas no medio natural, polo seu vínculo coa actividade física representan un área de desenvolvemento profesional importante no que desenvolver a súa labor as graduadas e graduados en ciencias da actividade física e o deporte.
Fruto de todo isto, o título de Grao recolle, a través das competencias A16, A17 e A21, o deseño, planificación, programación e realización de actividades físicas e deportivas nos medios naturais, que se convirten de este xeito na referencia principal para o desenvolvemento desta guía docente.
A impartición da docencia será en Castelán, se ben a atención ao estudantado levarase a cabo no idioma preferente de cada estudante. Do mesmo xeito os estudantes poderán elaborar e presentar os diferentes traballos, presentacións, probas de avaliación, etc, en calquera das linguas da UDC, e mesmo en Inglés. |
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios nos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
1.-Actividades iniciais
13.-Lecturas
19.-Prácticas a través de TIC
32.-Proba mixta
39.-Sesión maxistral
42.-Traballos tutelados
*Metodoloxías docentes que se modifican
18.-Práctica de actividade física. No caso de restricción da mobilidade e confinamento, as actividades prácticas a realizar en contextos reáis pasaránse a desenvolver no contexto do espacio do confinamento se é posible, e de non ser viable desde una aproximación teórica. E a súa avaliación adaptaráse a esta nova vía
37.-Saídas de campo. No caso de restricción da mobilidade e confinamento, as saídas de campo a realizar en contextos reáis pasaránse a desenvolver desde o análisis teórico e supostos relacionados con ditas actividades, e súa avaliación adaptaráse a esta nova vía.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
En tódolos casos garantizaráse a atención aos/as estudantes a través da tutorización virtual polas vías de correo electrónico e a plataforma teams, esta última ben a través das sesións das titorías grupáis estabrecidas no horario, o ben de xeito individual en tutoría concertada.
Correo electrónico: Diariamente, para aclaración de dúbidas e solicitude de encontros virtuáis
Teams: 1 sesión semanal para o grupo grande, en relación aos contidos teóricos y prácticos impartidos. En horario de tutorías para pequeños grupos o individuales
4. Modificacións na avaliación
Só variarán no caso da avalación relacionada coas prácticas, que se realizarán a través de tarefas relacionadas sobre as actividades que as reemplazan, xa sexan de carácter práctico de interior, ou ben sobre supostos teóricos. Os porcentaxes relacionados manteránse de cara a avaliación.
*Observacións de avaliación:
A proba mixta de non ser posible a súa realización en persoa na Facultade, levaráse a cabo a través da plataforma Moodle o ou Microsoft Forms
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen modificacións
|