- Imprescindible a asistencia/participación activa a un mínimo do 70% das sesións teóricas e/ou prácticas presenciais, para obter unha avaliación positiva.
- O alumnado que teña concedida a Matrícula Parcial deberá asistir a un mínimo do 50% das actividades docentes programadas.
- Para superar a materia, todos os estudantes, deberán alcanzar unha nota mínima de 5 puntos (50%) do sumatorio de ambas as partes que compoñen a avaliación, sendo imprescindible obter una a cualificación de apto no exame de regulamento.
- A práctica da actividade física implica a asistencia e a participación activa do alumnado nas sesións prácticas programadas. Os estudantes lesionados de longa duración, alternativamente ao plan xeral previsto, deberán presentar unha memoria de carácter documental e explicativa que recolla a actividade práctica desenvolvida polo resto de grupo
- A proba de ensaio estará no idioma de impartición da materia, se se desexa no outro idioma oficial da UDC solicitarase unha semana antes da data de realización.
- As actividades de avaliación e/ou traballos plaxiados serán valorados negativamente (suspenso).
- Os criterios de avaliación para a 1ª e 2ª oportunidade, así como para sucesivas convocatorias serán os mesmos para todos os estudantes (matrícula ordinaria e matrícula parcial).
- As notas das partes superadas nunha convocatoria serán mantidas para as sucesivas.
- Os estudantes lesionados, que non poidan realizar o exame práctico, acordarán co profesor unha data alternativa de execución, ou ben un procedemento sustitutorio relacionado cunha análise observacional do comportamento técnico-táctico dun compañeiro.