Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Creus Andrade, Juan Jose
Correo electrónico
juan.creus@udc.es
Profesorado
Crespo Gonzalez, Cristobal
Creus Andrade, Juan Jose
Fernández-Albalat Ruiz, Andrés
Martínez González, Carlos
Meijide Tomas, Jorge Vicente
Penela Fernández, Alfonso Carlos
Prieto López, Juan Ignacio
Vidal Pérez, Francisco José
Correo electrónico
cristobal.crespo@udc.es
juan.creus@udc.es
andres.fernandez-albalat@udc.es
c.martinez.gonzalez@udc.es
jorge.meijide@udc.es
alfonso.penela@udc.es
juan.prieto1@udc.es
francisco.vidal@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia PROXECTOS AVANZADOS DE ARQUITECTURA, ademáis do tratamento teórico de temas instrumentais e de reflexión, ten un enfoque eminentemente práctico, analítico e profesional. O tema tratado e o traballo realizado nesta asignatura serve de base necesaria para o desenrolo do PFC no seguinte cuatrimestre na materia TFM. Consiste na elaboración dun documento de proxecto, a nivel de Proxecto Básico, no que o alumno analiza o lugar, representa o seu estado actual e desenrola ideas que conflúen nun proxecto de arquitectura que define e resolve as relacións territoriais e paisaxísticas, a distribución e aspectos funcionais, o volume e a implantación urbanística, así como os aspectos máis relevantes do soporte e relación co terreo ou a materialidade e acabados principais dos seus elementos. O traballo, inda que faise de xeito individual, conta con fases de análise e elaboración colaborativa e participativa implementado ferramentas relacionadas co manexo de escalas, condicións de uso, materiais e novas tecnoloxías. Os temas de proxecto serán elixidos para cada Curso Académico, tendo en conta problemáticas actuáis da sociedade que a arquitectura debe resolver e que terán desenrolo nos Obradoiros do TFM con maior profundidade técnica e proxectual. A través de sesións de posta en común, contarase coa opinión, tanto de axentes relacionados co tema proposto como de arquitectos que expliquen as súas propias obras, poñendo especial atención nos procesos de traballo.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Todas as empregadas agás Aprendizaxe colaborativa, pasando o modo docente a desenvolverse de maneira non presencial total ou parcialmente.
**Metodoloxías docentes que se modifican
-As Aprendizaxes colaborativas que se vexan interrompidas durante períodos de confinamento, substituiranse por unha intensificación da correspondente á Análise de fontes documentais.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos
asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros
de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se
pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: Sesións semanais en gran grupo ou en pequeno grupo (ata 6 persoas) que se programarán en función das horas que a materia ten asignadas no horario do centro e das necesidades de seguimento particular que se establezan para o axeitado seguimento dos traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Os Traballos tutelados e Portafolios do alumno, no caso de imposibilidade de entrega presencial, só serán entregados en formato dixital ao través da ferramenta Moodle.
Avaliación:
Traballos tutelados e Portafolios do alumno (100%): En relación cos traballos tutelados e Portafolios do alumno valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
*Observacións de avaliación:
- Avaliación en convocatoria adiantada: Para poder optar á avaliación en convocatoria adiantada deben cumprirse as condicións de avaliación xeral nun curso previo.
- Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Para estes casos, sempre que conten con recoñecemento oficial da dirección do centro, non se terá en conta a esixencia de asistencia mínima, manténdose o resto de esixencias xerais establecidas.
- Plaxio. No relativo ao plaxio se atenderá ao indicado no Art. 14º das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.
- Esixirase do alumnado unha participación activa, que permita realizar o seguimiento e evolución dos traballos e verificar a súa autoría. Para iso, dispoñeranse tarefas abertas en Moodle.
- As entregas faranse a través da plataforma Moodle, cos mesmos criterios establecidos para a docencia presencial, eliminando a entrega material nas dependencias da ETSAC.
- Non será necesario realizar entregas en formato físico. Non obstante, o alumnado poderá ser requerido a mostrar maquetas de traballo durante as exposicións públicas.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira
dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías