Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica (Plan 2016)
 Asignaturas
  Análisis Estrutural de Edificios Históricos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Análisis Estrutural de Edificios Históricos Código 630567118
Titulación
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica (Plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Enxeñaría Civil
Coordinación
Martín Gutiérrez, Emilio
Correo electrónico
emilio.martin@udc.es
Profesorado
Martín Gutiérrez, Emilio
Correo electrónico
emilio.martin@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral O enfoque da materia oriéntase á aplicación práctica dos métodos numéricos en estudos de estabilidade e de comportamento estrutural vinculados a edificacións con valor histórico e obras de rehabilitación en xeral. Desenvólvense así competencias instrumentais útiles en labores periciais ou no momento de valorar comparativamente a incidencia de diferentes alternativas de intervención.
Plan de continxencia O presente plan de continxencia defínese exclusivamente para facer fronte a aquelas situacións en que o contexto sanitario ou as limitacións de capacidade dos espazos académicos obriguen a unha transición a un modelo de ensino híbrido, ou a posibles escenarios de confinamento total ou parcial. 1 MODIFICACIÓNS NOS CONTIDOS Non se realizan cambios no presente punto. 2 METODOLOXÍAS METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MANTEÑEN Todas as contempladas na redacción orixinal da guía docente. METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MODIFICAN Non se contemplan modificacións, entendendo que as metodoloxías previstas pódense desenvolver tamén mediante ferramentas en liña. 3 MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA Ao ALUMNADO Crearase un foro específico en Moodle mediante o cal o alumnado poderá formular preguntas e interactuar cos seus pares. O profesorado responderá ás posibles consultas, ben no propio foro, ben durante as actividades en liña que se programen. Recorrerase igualmente a Teams co propósito de establecer canles de comunicación individualizada e/ou en grupo, a fin de resolver dúbidas e de analizar a progresión dos traballos tutelados. 4 MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN Non se expoñen cambios nos criterios xerais de avaliación. Como excepción, e en casos de posible confinamento documentado do alumnado, o requisito de asistencia mínima poderá ser substituído, a petición do estudante, por unha carteira dixital que facilite o seguimento do seu traballo. 5 MODIFICACIÓNS DA BIBLIOGRAFÍA OU WEBGRAFÍA Non se contemplan cambios neste elemento.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes