Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica (Plan 2016)
 Asignaturas
  Patoloxía e Recuperación de Estruturas de Fábrica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Patoloxía e Recuperación de Estruturas de Fábrica Código 630567122
Titulación
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica (Plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Enxeñaría Civil
Coordinación
Freire Tellado, Manuel Jose
Correo electrónico
manuel.freire.tellado@udc.es
Profesorado
Freire Tellado, Manuel Jose
Correo electrónico
manuel.freire.tellado@udc.es
Web http://fv.udc.es
Descrición xeral Tras cursar a asignatura, o alumno estará capacitado para poder identificar, peritar e afrontar de forma eficaz os problemas usuais que poden presentar as estruturas de fábrica dentro do contexto da obra de rehabilitación. Para poder desenvolver estas capacidades facilitaranse os coñecementos necesarios referentes á inspección e recoñecemento de estruturas de fábrica, a identificación das lesións que se producen, a súa valoración e tratamento, o diagnóstico de patología ligada á estrutura de fábrica e as técnicas básicas de intervención sobre os elementos estructurales de fábrica, complementando este saber coa bibliografía e normativa existente. Estes contidos serán expostos nas clases de teoría. Para garantir que o alumno sexa capaz de aplicar adecuadamente estes coñecementos, propóñense unha serie de clases prácticas que versasen sobre a exposición e debate dunha serie de casos prácticos complementadas coa realización dun traballo específico sobre a materia. Este traballo que estará relacionado coa actividade profesional do arquitecto dentro do contido específico desta asignatura.
Plan de continxencia Exponse un escenario no que ante un posible confinamento temporal non sexa factible ningún tipo de docencia presencial. En tal caso, os cambios previstos son os seguintes: 1. Modificacións nos contidos Non se realizan cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Lecturas *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral, solución de problemas, traballos tutelados, estudo de casos, esquemas. A imposibilidade de continuar utilizando ambas as metodoloxías en formato presencial obriga a adoptar estratexias alternativas que faciliten as aprendizaxes con independencia das posibles continxencias relativas ao equipamento e conexión do alumnado. Por iso, óptase por facilitar a través da plataforma Moodle a documentación necesaria para continuar avanzando no programa formativo, e o resto das tarefas efectúanse coa axuda da plataforma Teams incluída en Office365. Para iso contémplase a realización de unha sesión semanal de Teams en gran grupo para a exposición dos contidos teóricos e prácticos dentro da franxa horaria que ten asignada a materia no calendario da titulación. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Moodle, foro virtual, correo-e O foro permanece aberto durante todo o período lectivo, respondendo o profesorado ás posibles consultas tanto durante as sesións virtuais como durante o horario oficial de tutorías. Teams, reunións virtuais e canles. Mantéñense abertos as canles de comunicación (xeral e por grupos) para que o alumno poida elevar consultas. Correo electrónico. É o modo de comunicación máis frecuente das dúbidas que se lle expoñen ao alumno. Aténdese como mínimo de acordo aos horarios de tutorías establecidos polo profesor. 4. Modificacións na avaliación Manténse as mesmas metodoloxías previstas na guía, pero as entregas realizaránse de forma electrónica vía Moodle. *Observacións de avaliación: Mantéñense os criterios de avaliación indicados. Dado que a entrega do traballo tutelado realizaráse de forma electrónica, non se considera precisa ningunha modificación. De xurdir calquer anomalía (incluso aquelas relativas ao soporte informático) deberáse contactar co profesor por e-mail antes da data de entrega para prever algunha alternativa. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizan cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes