Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Física para a Arquitectura 1
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Física para a Arquitectura 1 Código 630G02008
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Enxeñaría Civil
Coordinación
Vazquez Rodriguez, Jose Antonio
Correo electrónico
jose.vazquez@udc.es
Profesorado
Aragon Fitera, Jorge
Cuba Cabana, Hilda
Dominguez Diez, Javier Faustino
Freire Tellado, Manuel Jose
Vazquez Rodriguez, Jose Antonio
Correo electrónico
j.aragon@udc.es
hilda.cuba@udc.es
javier.dominguez@udc.es
manuel.freire.tellado@udc.es
jose.vazquez@udc.es
Web http://http://etsa.udc.es/web/
Descrición xeral A asignatura estrutúrase en parte teórica e parte práctica, esta impartida en grupo reducido. Nas clases teóricas, a labor expositiva resulta predominante, se ben o alumnado participará de forma activa no seu desenvolvemento. Esta labor complétase coa resolución por parte do alumnado de diversos exercicios sobre os temas do programa propostos durante as clases prácticas. É imprescindible coñecer, comprender e saber manexar con soltura os contidos básicos que integran o documento dispoñible na plataforma virtual nivelación ETSAC https://campusvirtual.udc.gal/course/view.php?id=13730&section=2 e neste enlace http://etsa.udc.es/web/wp-content/uploads/2012/06/Precurso-Física.pdf
Plan de continxencia Suscítase un escenario no que debido á capacidade das aulas ou outro tipo de razóns non sexa factible a docencia presencial das clases expositivas (sesións maxistrais), en tanto a docencia interactiva e de taller, ao ser grupos de menor número de alumnos poida seguir impartíndose de forma presencial. Nesta situación o único cambio previsto afecta á metodoloxía docente empregada nas sesións maxistrais que se realizarán en formato en liña coa axuda da plataforma Teams incluída en Office365. 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen Todas as que aparecen nas apartado metodoloxías Metodoloxías docentes que se modifican Non resulta necesaria a modificación das metodoloxías previstas 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Moodle: foros temáticos asociados aos contidos e actividades da materia Teams: no seu caso, sesión semanal de cada grupo da materia na franxa temporal asignada polo centro. Esta dinámica permitirá o seguimento normalizado e axustado ás necesidades de aprendizaxe do alumnado para desenvolver as tarefas da a materia 4. Modificacións na avaliación Na apartado avaliación contémplanse os criterios de avaliación, en caso de imposibilidade de proba obxectiva presencial, esta realizarase a través da plataforma Teams Observacións de avaliación: Estarase ao disposto no apartado de avaliación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Listaxe actualizada en apartado "Fuentes de información" da guía docente da materia
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes