Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Estruturas 5
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Estruturas 5 Código 630G02038
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Enxeñaría Civil
Coordinación
Muñiz Gomez, Santiago
Correo electrónico
santiago.muniz@udc.es
Profesorado
Freire Tellado, Manuel Jose
Muñiz Gomez, Santiago
Correo electrónico
manuel.freire.tellado@udc.es
santiago.muniz@udc.es
Web
Descrición xeral O contido da materia, segundo consta en correspondente Plan de Estudos, abarca coñecementos sobre estruturas de formigón pretensado, estruturas de fábrica e estruturas de madeira, tanto nos seus aspectos de proxecto estrutural, como nos de dimensionado, comprobación e patoloxía. Os coñecementos a adquirir, no que incumbe a estas tipoloxías, englóbanse en: -Concepción e proxecto estrutural -Dimensionado e comprobación -Integración da estrutura co resto do proxecto edificatorio -Control e supervisión de proxecto -Dirección de obra -Patoloxía estrutural Esta materia está integrada dentro do que se denomina no Plan de Estudos do Grao vixente TALLER 8.
Plan de continxencia Deseñáronse dous plans de continxencia. ESCENARIO 1 Exponse un primeiro escenario no que debido á capacidade das aulas ou outro tipo de razóns non sexa factible a docencia presencial das clases expositivas (sesións maxistrais), en tanto a docencia interactiva e/ou de taller, ao ser grupos de menor número de alumnos poida seguir impartíndose de forma presencial. Nesta situación o único cambio previsto afecta á metodoloxía docente empregada nas sesións maxistrais que se realizarán en formato en liña coa axuda das plataformas oficiais da UDC. Non hai cambios nos contidos da materia, nin nos mecanismos de atención personalizada ao alumno, nin nos criterios de avaliación. ESCENARIO 2 Exponse un segundo escenario no que ante un posible confinamento non sexa factible algún dos tipos de docencia presencial. En tal caso, os cambios previstos son os seguintes: 1. Modificacións nos contidos Non se realizan cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Taller, esquemas, proba mixta. *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral, solución de problemas, traballos tutelados, proba mixta A imposibilidade de continuar utilizando estas metodoloxías en formato presencial obriga a adoptar estratexias alternativas que faciliten as aprendizaxes con independencia das posibles continxencias relativas ao equipamento e conexión do alumnado. Por iso, óptase por facilitar a través das plataformas oficiais da UDC a documentación necesaria para continuar avanzando no programa formativo. Esta documentación complétase coas publicacións da materia a disposición en Reprografía da UDC e na Biblioteca do centro. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Mediante as plataformas oficiais da UDC As canles permanecen abertos durante todo o período lectivo, respondendo o profesorado ás posibles consultas tanto durante as sesións virtuais como durante o horario oficial de tutorías. Mantéñense abertos as canles de comunicación (xeral e por grupos) para que o alumno poida elevar as correspondentes consultas. 4. Modificacións na avaliación Probas mixtas: A desenvolver co emprego das plataformas oficiais da UDC. En xeral ferramentas institucionais que faciliten o achegue electrónico de respostas, imaxes ou outro tipo de documentos que permitan valorar o nivel competencial adquirido polo alumno na materia. Isto implica que o alumno debe ter acceso a este tipo de ferramentas: computador, conexión banda ancha, micrófono, escáner e cámara. *Observacións de avaliación: Mantéñense os criterios de avaliación indicados. Para os alumnos que, por causas xustificadas relativas ao equipamento informático ou de conexión, debidamente acreditadas, non puidesen realizar os exames correspondentes ás probas mixtas en liña, buscarase solución en liña das normativas e recomendacións emitidas polo Reitorado da UDC ao efecto. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizan cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes