Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Cimentacións
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Cimentacións Código 630G02043
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Quinto Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Coordinación
Freire Tellado, Manuel Jose
Correo electrónico
manuel.freire.tellado@udc.es
Profesorado
Aragon Fitera, Jorge
Freire Tellado, Manuel Jose
Suárez Riestra, Félix Leandro
Correo electrónico
j.aragon@udc.es
manuel.freire.tellado@udc.es
felix.suarez@udc.es
Web http://fv.udc.es
Descrición xeral Tras cursar a materia, o alumno estará capacitado para poder identificar, afrontar e peritar de forma eficaz os problemas usuais que poden presentar as estruturas de cimentación e contención usuais dentro do contexto da obra nova de arquitectura. Para poder desenvolver estas capacidades facilitaranse os coñecementos necesarios referentes á mecánica do chan e as técnicas básicas de proxecto e cálculo dos elementos de cimentación e contención, complementando este saber coa bibliografía e normativa existente. Estes contidos serán expostos nas clases de teoría. Para garantir que o alumno sexa capaz de aplicar adecuadamente estes coñecementos, proponse unha serie de clases prácticas que versarán sobre o proxecto, deseño e cálculo de elementos de cimentación, complementadas coa realización de traballos específicos sobre a materia. Estes traballos estarán relacionado coa actividade profesional do arquitecto dentro do contido específico desta materia.
Plan de continxencia Exponse un escenario no que ante un posible confinamento temporal non sexa factible ningún tipo de docencia presencial. En tal caso, os cambios previstos son os seguintes: 1. Modificacións nos contidos Non se realizan cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Ningún *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral, solución de problemas, taller, esquemas, proba mixta. A imposibilidade de continuar utilizando ambas as metodoloxías en formato presencial obriga a adoptar estratexias alternativas que faciliten as aprendizaxes con independencia das posibles continxencias relativas ao equipamento e conexión do alumnado. Por iso, óptase por facilitar a través da plataforma Moodle a documentación necesaria para continuar avanzando no programa formativo, e o resto das tarefas efectúanse coa axuda da plataforma Teams incluída en Office365. Para iso contémplase a realización de 1 sesión semanal de Teams en gran grupo para a exposición dos contidos teóricos, outra sesión semanal para a docencia de taller e outras tantas como subgrupos hai para a docencia en clases interactivas. Todas estas sesións realizaranse na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario da titulación. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Moodle, foro virtual, correo-e O foro permanece aberto durante todo o período lectivo, respondendo o profesorado ás posibles consultas tanto durante as sesións virtuais como durante o horario oficial de tutorías. Teams, reunións virtuais e canles. Mantéñense abertos as canles de comunicación (xeral e por grupos) para que o alumno poida elevar consultas. Correo electrónico. É o modo de comunicación máis frecuente das dúbidas que se lle expoñen ao alumno. Aténdese como mínimo de acordo aos horarios de tutorías establecidos polo profesor. 4. Modificacións na avaliación Probas mixtas. Peso na cualificación 70% Desenvolveranse en liña mediante Teams, Moodle, Forms ou algunha outra ferramenta institucional que facilite o achegue electrónico de respostas, imaxes ou outros tipos de documentos que permitan valorar o nivel competencial adquirido polo alumno na materia. Con anterioridade á realización da proba facilitarase as condicións específicas de realización. Prácticas e Taller. Peso na cualificación 30%. Inclúense neste apartado a práctica xeral que se desenvolverá en taller e as prácticas realizadas durante o curso. *Observacións de avaliación: Mantéñense os criterios de avaliación indicados. Os alumnos que por causas xustificadas relativas ao equipamento informático ou de conexión, debidamente acreditadas, non puidesen realizar os exames correspondentes ás probas mixtas en liña, terán dereito á realización das devanditas probas mixtas de forma oral, sendo requisito imprescindible solicitalo mediante correo electrónico o mesmo día do exame, tras o que serán oportunamente convocados para a súa realización. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizan cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes