Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Cimentacións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A15 Valoración del trabajo desarrollado 30
Proba obxectiva A15 Asistencia 70
 
Observacións avaliación

A avaliación, como sistema de recollida de información orientada á emisión de xuízos de valor (e no seu caso de mérito) sobre o proceso de aprendizaxe, require un desenvolvemento continuo cunha constante implicación do alumno. Con esta premisa, asistencia e participación se entiendenfundamentales, de forma que unha ausencia inxustificada e reiterativa repercutedesfavorablemente na cualificación obtida por curso, en similar proporción que unha carencia de participación ou unha actitude negativa. Ademais nos criterios de correcciónse recollen non só a exactitude dos resultados, senón tamén a claridade dela presentación, a estructuración da análise efectuada, a utilización de unidades, a correcta aplicación dos criterios normativos, e a terminoloxía empregada.

O sistema de avaliación continua configúrase con dúas probas obxectivas, que se realizarán durante o curso, e un traballo tutelado que se desenvolverá ao longo do cuadrimestre e cuxo seguimento esixirá entregas parciais. As probas mixtas representan o 70% da cualificación global e o 30% restante corresponde á cualificación do traballo tutelado, que inclúe o traballo de taller. Para poder realizar as probas obxectivas intermedias será requisito ter unha asistencia de, polo menos, o 80% ás clases de teoría en modalidade presencial física e ás prácticas da materia, así como entregadas adecuadamente o 80% das prácticas semanais.

A superación da materia esixe obter unha cualificación mínima global, considerando tanto as probas mixtas como o traballo tutelado, de 5 sobre 10.

Os alumnos que non superasen a materia por curso volverán examinarse das partes pendentes nas dúas oportunidades do mesmo curso. En ambos os casos conservarase a nota do traballo tutelado.

Para a segunda oportunidade non se contempla a posibilidade de mellora dos traballos tutelados presentados debido á imposibilidade de garantir a autoría do alumno. Por tanto, o alumno que non entregase este traballo no seu momento non poderá computar este apartado.

Para a convocatoria adiantada manterase igualmente a nota do traballo tutelado, pero neste caso os alumnos poden optar por modificalo asistindo ás clases de taller da materia. A súa entrega realizarase unha semana antes do prazo de exames desta oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes