Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  OrdenacIón do Territorio
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) OrdenacIón do Territorio Código 630G02057
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Lopez Gonzalez, Candido
Correo electrónico
candido.lopez@udc.es
Profesorado
Lopez Gonzalez, Candido
Correo electrónico
candido.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral O CONTIDO DA MATERIA DO MÓDULO DE COMPLEMENTOS FORMATIVOS ORGANÍZASE MEDIANTE UNHA SERIE DE TEMAS TEÓRICOS QUE OFRECEN UN COÑECEMENTO DA ORDENACIÓN TERRITORIAL: A PAISAXE E A súa DESCRICIÓN ANALÍTICA, O PATRIMONIO DO ESPAZO NATURAL E A súa PROTECCIÓN, As INTERVENCIÓNS NO PATRIMONIO CONSTRUÍDO, As FIGURAS DE ORDENACIÓN NAS súas MÚLTIPLES ESCALAS E As DIVERSAS FERRAMENTAS URBANÍSTICAS DO PLAN. A COMPOÑENTE PRÁCTICA DA MATERIA DESENVOLVE, Ao longo do CURSO ACADÉMICO, UN ÚNICO EXERCICIO DE ESCALA TERRITORIAL MUNICIPAL e/ou SUPRAMUNICIPAL A través de DIFERENTES FASES DE ELABORACIÓN: ANÁLISE E DIAGNÓSIS, PROXECTO E ORDENACIÓN URBANÍSTICA.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos _Non se modifican 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen _Sesión maxistral _Lecturas _Seminario *Metodoloxías docentes que se modifican _Os exercicios contidos na metodoloxía Obradoiro incorporanse na metodoloxía TRABALLOS TUTELADOS. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado _Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, resolver dúbidas, solicitar encontros virtuais e facer o seguimento dos traballos tutelados. _Moodle: Semanalmente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, a través dos que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. _Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da escola. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación TRABALLOS TUTELADOS (80%). En relación cos traballos tutelados valoraráse: - A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. - A profundidade do contido. - O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas. - O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. - A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. - A presentación e a claridade da exposición. *Observacións de avaliación: A superación da materia implica no alumnado: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data e polo medio que se indique. Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que as referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbo presencialidade ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. Así mismo a oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía _Non se modifican. Os materiais de traballo da materia están a disposición no MOODLE.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes