Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Seoane Prado, Enrique
Correo electrónico
enrique.seoane@udc.es
Profesorado
Seoane Prado, Enrique
Correo electrónico
enrique.seoane@udc.es
Web
Descrición xeral
A cidade como obxecto de reflexión e análise perceptiva e proxectual. Os espazos públicos da cidade configurados, definidos e delimitados polos edificios; e os espazos libres, verdes e azuis, o vexetal e a auga, como redes de relación -no contínuo urbano e no disperso- da cidade co territorio no que se desenvolve.
Parque urbanos e metropolitanos, xardíns urbanos e prazas, aveniadas e rúas, paseos e miradoiros, e outros espazos urbanos singulares litorais ou fluviais, son o obxecto desta materia.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizaron cambios
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen
_Sesión maxistral
_Portafolios do alumno
_Proba mixta
*Metodoloxías docentes que se modifican
_Obradoiro: Os exercicios a desenvolver nesta metodoloxía incorpóranse na metodoloxía "Traballos tutelados"
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
_Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, resolver dúbidas, solicitar encontros virtuais, e facer o seguimento dos traballos tutelados.
_Moodle: Diariamente e segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, a través dos que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos impartidos.
_Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “Traballos tutelados”. Esta dinámica
permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados (70%).
En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que as referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo
presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
E requisito para superar a materia tanto asistir e participar regularmente nas actividades da clase como entregar e expoñer os traballos tutelados na data e nos medios que se indiquen.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
_Non se modifican.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías