Os estudantes
que participan no sistema EEES, deberán acudir a un mínimo do 80% das clases
interactivas, e a avaliación continua supón o 40% da nota,
e ao longo do cuatrimestre realizaranse probas parciais que lles permitan
acadar o restante 60% da nota.
Os
estudantes que teñan realizado a avaliación continua pero non superasen a
materia trala realización dos parciais, terán a oportunidade de acadar o
restante 60% da nota nun examen final de
toda a asignatura na primeira ou segunda oportunidade. Os parciais non
eliminan materia.
Os estudantes
que decidan NON participar no sistema EEES serán avaliados a través dunha Proba
Obxetiva que constituirá o 100% da avaliación, consistente nunha proba
individual de asimilación de coñecementos teóricos e prácticos.
O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica,
segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS
ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), e queira
manterse na vía do EEES e beneficiarse da avaliación continua, DEBERÁ INDICALO Ó PRINCIPIO DO CUADRIMESTRE e asistir ó
50% das clases interactivas. No caso de non
poder asistir ás prácticas deberá asistir a titorías onde realizará probas
equivalentes.