Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Navegación II
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Navegación II Código 631G01306
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Lopez Varela, Pablo
Correo electrónico
pablo.lopez@udc.es
Profesorado
Lopez Varela, Pablo
Salgado Don, Alsira
Correo electrónico
pablo.lopez@udc.es
alsira.salgado@udc.es
Web
Descrición xeral A materia está orientada a continuar a formación en navegación astronómica iniciada na materia de navegación e organización do buque mediante a súa aplicación a supostos prácticos, e a fornecer ao alumno un coñecemento completo dos distintos instrumentos e equipos de navegación, dos sistemas electrónicos de determinación da situación e en xeral de todos aqueles que constitúan unha axuda á navegación. Tamén se estudan en profundidade os sistemas de carta de navegación electrónica, os sistemas de radar mariños e os fundamentos da cinemática naval, e impártese unha instrución completa sobre a metodoloxía de planificación da viaxe e a derrota.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantense a metodoloxía de lecturas, o resto modifícanse para adaptalas o formato non presencial. *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral: Mantéñense as sesións maxistrais, ca particularidade de que se impartirán a través da plataforma de Microsoft Teams, no horario establecido polo centro. Se fora necesario, tamén se realizarían sesións asíncronas que se colgarían directamente en dito canal. Prácticas de laboratorio: Mantense esta metodoloxía, ca particularidade de que as horas destinadas a realización de exercicios na aula, así como a súa corrección, farase de xeito non presencial. Proba obxectiva e proba práctica: De non ser posible manter a presencialidade destas probas, realizaranse online a través do Moodle e/ou Teams, mantendo os mesmos principios. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Teams: Os docentes estaremos conectados nesta plataforma no horario normal de titorías para atender o alumnado mediante o servicio de chat ou videoconferencia. En caso de verse necesario, estas titorías faranse en grupos reducidos. Foro de dubidas no Moodle: Nel o alumnado pode expoñer cantas dúbidas considere oportuno, os docentes intentaremos resolvelas o antes posible. Correo electrónico: Como sempre, os docentes da materia estamos a disposición do alumnado a través do correo electrónico. Sen embargo, para facer consultas e expoñer dúbidas sobre a materia impartida ou os exercicios, é preferible que se faga en Moodle, a través do foro habilitado, xa que así todo o alumnado pode beneficiarse das respostas. 4. Modificacións na avaliación Manteranse as mesmas metodoloxías de avaliación, cos seus porcentaxes correspondentes. *Observacións de avaliación: A pesar de manterse as metodoloxías de avaliación que figuran na guía docente, estas adaptaranse a non presencialidade do seguinte xeito: Respecto o cómputo da asistencia, tan só se aplicará respecto as clases presenciais. Durante o escenario de non presencialidade, non se realizará control de asistencia. Así, para poder presentarse os exames parciais, terase que asistir a un 80% das clases presenciais realizadas ata ese momento. En caso de que as probas parciais, tanto prácticas como teóricas (obxectivas), se realicen todas elas en situación de non presencialidade, non se esixirá nota mínima en cada unha das probas, e a nota por curso obterase sempre empregando a media aritmética das cualificacións parciais. O mesmo se aplicará o exame oficial de cada oportunidade, en caso de realizarse en condicións exclusivas de non presencialidade, a nota será a media aritmética das partes do exame, sen restrición de nota mínima (en caso de realizarse de xeito híbrido, seguirase o establecido na guía docente). 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes