Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Máquinas Navais
 Asignaturas
  Informática
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase unha explicación introdutoria dos contidos de cada tema. Proporcionaránselle ao alumnado ou ben materiais ou ben indicacións de como consultar fontes adicionais para profundizar no estudo do tema. Os conceptos básicos serán traballados individualmente polo alumno no aula contando coa asistencia do profesor e utilizando exercícios ou tutoriais que este previamente terá preparados na plataforma de aprendizaxe da universidade. Ademáis tamén se lles proporcionarán vídeos que poden visualizar de maneira asíncrona.
Solución de problemas As clases maxistrais do primeiro tema combinaránse coa resolución de problemas escritos no aula, debatindo as solucións co alumnado para afianzar os coñecementos matemáticos nos que se basea o funcionamento das computadoras.
Prácticas a través de TIC Levaranse a cabo prácticas sobre a utilización da terminal de comandos do sistema operativo.
Traballos tutelados Proporase a elaboración dun traballo práctico sobre búsqueda de compoñentes hardware en catálogos web para a instalación e configuración dun equipo informático.
Estudo de casos Exporanse distintos casos de ciberseguridade que o alumnado debe analizar, estudiar cómo se producen y ver as solucions que se poden adoptar para evitalos.
Prácticas de laboratorio Tratase de poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos, para o cal probarase cómo se ensamblan os equipos informáticos, cómo se instala e configura o S.O., e cómo se conectan entre sí para formar unha rede de ordenadores. Estas prácticas levaranse a cabo nun laboratorio (taller de montaxe).
Proba mixta A primeira parte da proba consistirá nun cuestionario sobre as competencias teóricas tratadas nas clases magistrais.

A segunda parte da proba consistirá nun exercicio práctico sobre as competencias traballadas ao longo do curso nas clases interactivas e clases de prácticas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes