Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  Investigación Cuantitativa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Investigación Cuantitativa Código 652536006
Titulación
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Profesorado
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Web http://https://www.udc.es/es/centros_departamentos_servizos/departamentos/departamento/?codigo=D162
Descrición xeral A realidade é complexa, diversa e difícil de analizar, describir e interpretar, por iso é necesario, que ao longo da súa formación académica, adquira unha serie de competencias que lle permitan desenvolver a súa posterior actividade profesional. Por tal circunstancia, a aprendizaxe e aplicación de diversas metodoloxías de investigación, que se planifican nesta materia, permitirá nun futuro para seleccionar a máis adecuada para solucionar os problemas que se encontrará no seu próximo ámbito laboral. Sen esquecer que dentro do seu ámbito laboral terá que investigar para poder achegar posibles solucións que melloren o contexto no que se desenvolva a súa actividade laboral. A diversidade de concepcións epistemolóxicas aplicables ás distintas situacións sociais será fonte de información para o/a investigador/a, permitíndolle determinar cal é a máis adecuada para solucionar o problema ao que se enfronta. Non se pretende establecer unha relación ou unha orde de importancia entre os variados modos de investigación, senón que é o problema de investigación o que determinará a elección dunha metodoloxía ou outra, facendo dela a máis válida para este tipo de problema. Toda isto non ten sentido senon nos preguntamos e respondemos á pregunta: que queremos conseguir. Son moitos os instrumentos que podemos utilizar para obter datos e, por elo, é necesario ter coñecemento do amplo abano de posibilidades. Un bo/oa profesional será aquel/a que saiba optar, en cada circunstancia, polas metodoloxías que mellor se adapten á situación. Por iso, é necesario afondar no coñecemento e no dominio das distintas ferramentas que temos á nosa disposición. Así nesta materia se irá analizando as principais metodoloxías que poden ser aplicadas ao ámbito educativo, indicando as súas características fundamentais, as vantaxes e inconvenientes que presentan e as circunstancias ou momentos máis adecuados para poñelas en práctica.
Plan de continxencia Plan de continxencia (adaptado de addenda Covid19): 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios 2. Metodoloxías docentes que se manteñen: –Sesión maxistral – Prácticas a través de TIC – Estudo de casos – Solución de problemas – Análises de fontes documentais – Obradoiro – Aprendizaxe colaborativa – Proba Mixta – Atención personalizada Metodoloxías docentes que se modifican: non se realizarán cambios 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: –Correo electrónico: De uso para facer consultas puntuais que non requiran dunha titorización síncrona para ser resoltas. – Campus Virtual: De uso para dar acceso ao material ao alumnado, facilitarlle información de relevancia e para a solicitude de titorías síncronas para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Ademais das titorías síncronas e asíncronas, o alumnado dispón dun foro de consultas no que tanto as docentes como el mesmo, poderán crear novos fíos asociados aos módulos ou a actividades específicas, para facer consultas cuxa resposta sexa útil ao conxunto do estudantado. – Teams: A) sesión semanal en gran grupo interactivo (como nas clases interactivas) para o avance dos contidos e das fichas e probas de coñecemento na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de clases aprobado en Xunta de Facultade. B) De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas) para ou seguimento e apoio na realización das fichas guiadas. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades de aprendizaxe do alumando para desenvolver a materia. 4. Modificacións na avaliación: non se realizarán cambios Observacións: a)A presencialidade dos/as estudantes só controlarase nas clases da materia a través da realización das probas de coñecemento que se farán ao final de cada sesión, sendo imprescindible que o alumnado a realice e entregue estando presente na aula. Os/as estudantes serán considerados presenciais sempre que asistan ás clase; soamente poden faltar tres veces (sen xustificante). Os/as estudantes poden presentar xustificantes, por faltar a clase, sempre que sexan médicos, de traballo, de hospitalización, etc. pero deben ser homologados (non poden ser, por exemplo, a solicitude dunha cita médica, etc.). O recurso principal que se empregará para o control da asistencia do alumno será o Campus Virtual, así como algún outro medio virtual para o rexistro das asistencias (p. ex. Forms). b)Os/as estudantes non presenciais poden seguir a materia por Campus Virtual, se ben non poderán participar nas clases. Considerarase alumnado non presencial aquel que, dada unha nova situación de confinamento, ate ese momento tivera elixido esa opción (na primeira semana de clase) ou ben tivéra superado xa as tres faltas de asistencia en total (ou dous nalgunha das partes da materia); nesta última opción as/os estudantes pasarían automaticamente a esta modalidade. Manterase a avaliación deste alumnado tal e como se recolle na Guía Docente, no apartado específico de "observacións". c)A avaliación será totalmente a través de Campus Virtual, coas diferenzas presentadas na guía docente entre estudantes presenciais ou non presenciais. d)As clases expositivas continuarán baixo a modalidade non presencial. Preséntase cunha semana de antelación ao estudantado en Campus Virtual un Power Point coa voz gravada da explicación ou ben a través dun vídeo de stream (a ligazón aparecerá en Campus Virtual). e)A avaliación da materia será, en todas as posibles modalidades, virtual (debido a circunstancias sanitarias) e manterase a mesma ponderación das cualificacións, con independencia da modalidade docente. Será da seguinte forma: a proba mixta realizarase por Campus Virtual (na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade para o exame da convocatoria de xaneiro ou xullo); as probas de coñecemento serán dentro de cada clase. As probas non se habilitará ata que comecen as clases; as fichas que se fagan serán colgados en Campus Virtual na data establecida. Cabe lembrar que a/o estudante presencial debe presentarse a proba mixta e as probas de coñecemento (a cualificación destas probas está condicionado sempre á entrega dos documentos das prácticas en Campus Virtual). Os/as estudantes non presenciais terán que realizar a proba mixta unicamente (ver o apartado de avaliación da guía docente). g)As titorías da materia serán individuais (excepto no caso de tutorías sobre os dossiers de traballo) e virtuais. O alumnado deberá solicitar hora ás docente vía Campus Virtual, no enlace facilitado para tal fin. MOI IMPORTANTE, AS TUTORIAS SEMPRE SERÁN DENTRO DO HORARIO PRESENTADO POLAS DOCENTES QUE IMPARTE A MATERIA. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Campus Virtual.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes