O Proxecto de Dirección no Marco dos Proxectos Educativos de Centro
Datos Identificativos
2021/22
Asignatura (*)
O Proxecto de Dirección no Marco dos Proxectos Educativos de Centro
Código
652536011
Titulación
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
3
Idioma
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Correo electrónico
maria.castror@udc.es
Profesorado
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Rego Agraso, Laura
Correo electrónico
maria.castror@udc.es
laura.rego@udc.es
Web
Descrición xeral
A elaboración dun proxecto de dirección é unha función específica que teñen todas as direccións de institucións. Por tanto, coñecer qué e cómo elaborar un proxecto de dirección para un centro educativo, é un dos obxectivos desta materia. Existe unha lexislación vixente que orienta o deseño dun proxecto educativo, que convive con modelos teórico-prácticos de dirección diferentes. A materia servirá de oportunidade para coñecer de primeira man experiencias directivas a través do diálogo coas persoas protagonistas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Sesión maxistral por teams
- Portafolios(computa na avaliación).
-Simulación
*Metodoloxías docentes que se modifican: Non se realizan cambios.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: Diario. Para solicitar encontros virtuais individuais e grupais.
- Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos portafolios na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 sesión semanal (ou máis segundo a demanda do alumnado) en pequeno grupo (ata 4/6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “portafolios e simulación”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación:
Mantéñense as metodoloxías de avaliación e os pesos de cada unha na calificación global.
- Portafolios (50%). Os criterios de avaliación responderán aos criterios marcados en cada unha das prácticas que se entreguen.
- Simulación: 50%
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente a excepción de que as referencias ao cómputo de asistencia se realizará respecto ás sesións que houbo presencialmente ata o momento de suspenderse a actividada presencial.
SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%. Elaboración e presentación dos portafolios en pequeno grupo
B) Os/as estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212) deberán entregar os portafolios e simulación de maneira individual.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
- Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
- Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (portafolios e simulación).
- Entregar os portafolios e simulación na data que se indique.
- A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo na plataforma Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías