Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  Xestión de Recursos Humanos, Económicos e Administrativos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Xestión de Recursos Humanos, Económicos e Administrativos Código 652536014
Titulación
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Correo electrónico
eva.espineira@udc.es
Profesorado
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Correo electrónico
eva.espineira@udc.es
Web
Descrición xeral Como consecuencia do reforzo da autonomía dos centros, faise preciso potenciar a capacidade de xestión da dirección, para permitirlle liderar os cambios propostos. A Ley Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, outórgalle aos directores e directoras dos centros docentes públicos, como representantes que son da Administración educativa no centro e como responsables do proxecto educativo, a oportunidade de exercer un maior liderado pedagóxico e de xestión. Por outro lado, poténciase a función directiva a través dun sistema de certificación previo de competencias para acceder ao posto. O obxectivo da formación previa requirida é dotar ao futuro director ou directora das capacidades necesarias para desempeñar o seu posto con eficiencia e eficacia. Non obstante, o director ou directora non traballa de forma illada, senón que forma parte dun equipo directivo, que segundo establece o artigo 131 da Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, traballará de forma coordinada no desempeño das súas funcións, conforme coas instrucións do director ou directora e as funcións específicas legalmente establecidas. Para acadar un liderado educativo eficaz é preciso centrar os esforzos en mellorar a calidade do ensino e a aprendizaje, profesionalizar, fortalecer e apoiar o papel dos/das líderes educativos/as, definir claramente os roles, adoptar un enfoque colaborativo, recoñecer as fortalezas e competencias dos equipos, dispoñer de autonomía suficiente para asignar recursos e explorar métodos de ensino innovadores así como asumir as responsabilidades e compromisos que comporta o liderado.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías: *Metodoloxías docentes que se manteñen: - Sesión maxistral. - Discusión dirixida. - Traballos tutelados (computa na avaliación). - Proba obxectiva (computa na avaliación). - Atención personalizada. *Metodoloxías docentes que se modifican: Non se realizarán presentacións orais. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - Correo electrónico: Diario. Para solicitar encontros virtuais individuais e grupais. - Moodle: diariamente. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias e discusións dirixidas. - Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 sesión semanal (ou máis segundo a demanda do alumnado) en pequeno grupo (ata 4/6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación: Mantéñense as metodoloxías de avaliación e os pesos de cada unha na calificación global. - Traballos tutelados (60%). Os criterios de avaliación responderán aos criterios marcados en cada unha das prácticas que se entreguen, exceptuando os criterios referentes á presentación oral que non se valorarán. - Proba obxectiva (40%). Mantéñense os criterios de cualificación e corrección da proba. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente a excepción de que as referencias ao cómputo de asistencia se realizará respecto ás sesións que houbo presencialmente ata o momento de suspenderse a actividada presencial. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%. Elaboración e presentación dos traballos tutelados en pequeno grupo (60%). B) Os/as estudantes a tempo completo como aqueles/as con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212) deberán entregar os traballos tutelados, si ben éstos últimos poderán presentalos de maneira individual. A proba obxectiva será a mesma para todos/as. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: - Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. - Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba obxectiva). - Entregar os traballos tutelados na data que se indique. - A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo na plataforma Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes