O curso versará en dos grandes bloques. O primeriro supon un acercamento a Formación do profesorado e o desenvolvemento profesional onde se expondrán aquelas institucións, plans e programas de formación docente.
O segundo bloque comenza con una aproximación a o centro educativo como comunidade de aprendizaxe, como institucións que aprenden e que ofrecen o desenvolvemento profesional e organizativo baseado no traballo colaborativo entre diversas institucións educativas. As Comunidades virtuais e o aprendizaxe dixital a través de sistemas innovadores: Moocs, PLE, e outros formatos de aprendizaxe en liña tamén se acada nesta materia.
Plan de continxencia
1. Modificacións dos contidos
Non se fixeron cambios.
2. Metodoloxías
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse todas as metodoloxías explicadas na Guía Didáctica que non supoñan traballo interactivo (sesión maxistral, lecturas, análise de fontes documentais).
* Metodoloxías didácticas que cambian:
O campus virtual, Teams e o correo electrónico utilizaranse para o seguimento e asesoramento personalizado dos estudantes co fin de orientalos na consecución dos obxectivos e competencias desta materia. Haberá videoconferencias grupais onde se fomentará a interacción e colaboración grupal.
Intentarase manter todas as metodoloxías establecidas na Guía docente no caso da docencia presencial e mixta a través de varias plataformas de seguimento virtual de titorías en liña. Estableceranse espazos e horarios de rede tutelados para o traballo individual e o seguimento e asesoramento dos grupos de traballo.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Teams
Correo electrónico
Adaptación de horarios para atención individualizada e seguimento do traballo en grupo para todos os alumnos inscritos.
4. Modificacións e observacións de avaliación.
A avaliación será a mesma en calquera circunstancia. Tanto en persoa como a través de Teams. Mantéñense os tres criterios de avaliación.
5. Modificacions da bibliografía ou webgrafía.
Non hai cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías