Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Deseño. planificación e avaliación de propostas didácticas de tecnoloxía na educación secundaria
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Foro virtual A23 A25 C3 C7 Participación nos foros virtuais establecidos ao longo do curso.
Valorarase, por un lado, a participación individual para:
1. a presentación de dúbidas ou comentarios persoais sobre o deseño da UD ou o curriculum
2. aportación de artigos relacionados coa temática
e por outra banda a colaboración no grupo de cara a axudar aos compañeiros. Tendo cada parte, persoal e cooperativa un 50% de peso na cualificación final.
A participación deberá ser equilibrada ao longo do tempo que dure o módulo, non valorándose entradas puntuais como a participación en unha ou dúas datas únicamente.
20
Proba obxectiva A18 A20 A21 A22 A24 A25 A27 Proba escrita individual na que se avaliará o coñecemento dos distintos elementos curriculares e a súa concreción en propostas de ensino aprendizaxe. 30
Traballos tutelados A15 A18 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A27 C3 C7 O traballo grupal tutelado consistirá no deseño e exposición dunha Unidade Didáctica (UD) nunha das materias de Tecnoloxía da ESO ou do Bacharelato (non se admitirá ningunha outra materia). Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:

- Non empregar unha metodoloxía baseada no modelo de profesor transmisor de coñecementos.
- Contemplar significativamente os apartados especificados pola docente, constando cada un da súa correspondente introdución.
- Integrar significativamente as TIC.
- Estar temporalizada para un mínimo de 8 sesións.
- Estar tutorizado pola docente, de xeito que se realice, alomenos, unha revisión por esta antes da súa entrega definitiva. Non se valorará ningún traballo entregado que non fose titorizado previamente pola docente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas da UD.
- Empregar o currículo vixente.
- Cumprir coa extensión e formato especificados para o traballo, incluíndo a portada e o índice.
- Ser entregado no prazo establecido, tanto en formato WORD como en PDF, a través do Campus Virtual.
- As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
50
 
Observacións avaliación

A asistencia ás sesión presenciais é obrigatoria. 

Na primeira oportunidade, a cualificación final será a media ponderada das notas dos tres traballos (foro, prueba escrita e traballo tutelado), debendo obter en cada unha das partes unha cualificación de aprobado (5). 

Se o alumno non acada o 80% de asistencia, non se avaliará o traballo realizado ao longo do curso e a cualificación será a de non presentado. 

O alumnado que na primeria oportunidade non obtivese unha cualificación positiva (5) ou de non presentado, deberá realizar os traballos correspondentes (foro, traballo tutelado) e acadar nos mesmos unha cualificación positiva (5); ademais deberá realizar unha proba escrita sobre os contidos traballados nas sesións (ditos contidos estarán a disposición do alumnado no Campus Virtual). A cualificación final da segunda oportunidade será a media ponderada da nota da proba escrita e as dos traballos correspondentes (foro, traballo tutelado), sendo requisito imprescindible obter o aprobado (5) en todas as partes para facer dita media. 

O alumnado con dispensa académica realizará o traballo tutelado de xeito individual. Deberá obter en cada unha das partes da avaliación (foro, proba escrita e traballo individual tutelado) unha cualificación de aprobado (5) para superar a materia. Ademais, deberá realizar e superar unha serie de actividades deseñadas pola docente (alomenos cunha cualificación de aprobado—5), que deberá entregar no prazo que se lle comunique. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes