Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia) |
Asignaturas |
Aprendizaxe e Ensino da Historia e as Ciencias Sociais |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Aprendizaxe e Ensino da Historia e as Ciencias Sociais | Código | 652604421 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Análise de fontes documentais | Actividades que se realizarán ao longo da materia onde se analizarán diferentes fontes documentais. Fundamentalmente artigos de investigación sobre Historia e a súa función social, Didáctica da Historia e as Ciencias Sociais desde unha perspectiva crítica. |
Traballos tutelados | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, consistirá na formulación e desenvolvemento dunha investigación ou innovación propia do campo da Didáctica da Historia e das Ciencias Sociais. |
Aprendizaxe colaborativa | Traballo en grupo de forma colaborativa coa axuda do profesor orientada fundamentalmente ao desenvolvemento do traballo tutelado. |
Discusión dirixida | Reflexión e discusión en grupo, coa axuda do profesor, orientada fundamentalmente á comprensión da materia e a súa natureza e potencialidades. |
Presentación oral | Como resultado do traballo tutelado presentarase na aula os obxectivos e resultados principais do mesmo. |
Sesión maxistral | Mediante as sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico-práctico a partir da exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas. Tendo en conta que esta materia se vai impartir seguindo un modelo híbrido, existe a posibilidade de que estas sesións maxistrais sexan gravadas e postas a disposición do alumnado a través da Moodle da materia, dependendo do contexto sanitario provocado pola COVID-19. |
Actividades iniciais | Metolodoxía centrada en familiarizar ao alumnado coa aprendizaxe e ensino da Historia e as Ciencias Sociais. |
|