Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A23 C3 C1 A presentación vai ser avaliada polo resto dos compañeiros e compañeiras a partir dunha rúbrica.

10
Traballos tutelados A24 A23 A22 A21 A20 A19 A16 A15 A14 A13 A10 A8 A5 A4 A3 A2 A25 A27 A28 A30 A32 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Consiste no deseño dunha programación e dunha unidade didáctica. Para a súa avaliación proporcionanse dúas rúbricas, nas que se detallan as dimensións a avaliar, os niveis de logro e os criterios de cualificación. As rúbricas entreganse coa proposta de traballo tutelado.
Tamén se avalia a participación e contribución de cada unha das persoas do grupo. A través dun proceso de coavaliación, e de xeito consensuado, asígnase a cada membro do grupo unha porcentaxe (de 0 a 100). A cualificación obtida por cada unha das persoas do grupo é o resultado de aplicar esta porcentaxe sobre a cualificción obtida na programación e na unidade didáctica.
70
Solución de problemas A16 C3 Relacionados co elaboración de nóminas e con outras temáticas dos módulos da especilalidade. Constitúe unha fórmula para afondar nalgúns dos contidos máis prácticos dos módulos da especialidade. 5
Traballos tutelados A8 A10 A14 A15 A18 A19 A21 A23 A25 C1 C3 C4 C6 Consistirá en tres traballos individuais:

Lectura e comentario sobre o Libro Mal de Escola de Daniel Pennac
Elaboración dun catálogo de recursos cinematográficos para empregar como recurso didactico en FOL e EIE
Deseño de dúas actividades de aula con dous dos recursos escollidos da selección realizada.
15
 
Observacións avaliación

COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO 

 
A competencia lingüística en galego tamén vai ser obxecto de  avaliación na presentación oral e nas actividades  escritas grupais e individuais.  O seu peso na cualificación final pode chegar até  0,5 puntos. 

ASISTENCIA
  A asistencia as aulas 
 é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de realizar  e entregar  as actividades realizadas na aula. 


REQUERIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA 
 A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas distintas   actividades  que computan na cualificación. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación  nos traballos tutelados. Na avaliación da  segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades  non superadas. 


É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. 


FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse no texto e no apartado  de referencias bibliográficas,  utilizando as normas APA 6º edición. Co obxectivo de visibilizar as achegas das autoras, escrbirase o neme completo dos autores e autoras

Plaxio

O plaxio  será motivo de suspenso. Así o establece o  artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC

- https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
- http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual

Rompendo regras
Co obxectivo de dar continuidade ao proxecto sobre a menstruación, promovido polo Grupo de igualdade da Facultade, o alumnado incluirá esta temática na programación e na Unidade didáctica do módulo de Fol. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes